Volven atopar droga nun contedor no porto de Marín e comisan 160 quilos de cocaína

Efectivos da Garda Civil, en coordinación con persoal de Vixilancia Aduaneira, localizaron un alixo de 160 quilos de cocaína, que se atopaban ocultos nun contedor, nun barco que chegou ao porto de Marín (Pontevedra) procedente de Sudamérica.

|

Efectivos da Garda Civil, en coordinación con persoal de Vixilancia Aduaneira, localizaron un alixo de 160 quilos de cocaína, que se atopaban ocultos nun contedor, nun barco que chegou ao porto de Marín (Pontevedra) procedente de Sudamérica.


[Grupovigo] Nota De Prensa

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, o achado produciuse na madrugada do pasado sábado, no transcurso dunha das inspeccións habituais que se realizan aos contedores previamente seleccionados.

A investigación permitiu determinar que este contedor, en cuxo interior estaba a cocaína distribuída en catro bolsas, chegou o pasado 7 de marzo nun buque procedente de Sudamérica e, tras varias escalas (en Panamá e Alxeciras), tiña como destino o porto de Vigo.

Neste caso, e de novo, os narcotraficantes utilizaron o método do 'gancho cego', é dicir, aproveitaron o transporte de mercadoría legal e romperon o precinto do contedor, introducindo dentro a droga, sen que os responsables do envío tivesen coñecemento.

A Garda Civil e Aduanas seguen investigando para identificar as persoas encargadas de retirar a droga do contedor, e que terían poñer despois precintos novos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE