"Vox é un partido que está contra Galicia" fronte "naceu Jordi Feijóo"
Prestaríalle Abascal os votos dos seus eventuais deputados do Parlamento Galicia a Feijóo? Vista a virulencia das últimas acusacións cruzadas, parece difícil. O cal non é un detalle menor, pois o 8% que sacou Vox na Coruña nas xerais deberíalle reportar algún escano salvo unha gran caída. En todo caso, estamos xa en plena precampaña, cando é habitual as promesas que despois non se cumpren e os ataques aos que acaban sendo aliados.
Prestaríalle Abascal os votos dos seus eventuais deputados do Parlamento Galicia a Feijóo para salvar a maioría conservadora? Vista a virulencia das últimas acusacións cruzadas, parece difícil. O cal non é un detalle menor, pois o 8% que sacou Vox na Coruña nas xerais deberíalle reportar algún escano salvo unha gran caída e ls enquisas sitúan a maioría de Feijóo xusto no límite. En todo caso, estamos xa en plena precampaña, cando é habitual as promesas que despois non se cumpren e os ataques aos que acaban sendo aliados.
O líder de Vox, Santiago Abascal, reaccionou este venres, despois de que na pasada xornada o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, descartase nunha entrevista televisiva pactar coa súa formación tras as eleccións autonómicas do próximo 5 de abril.
No seu perfil de Twitter, Abascal alude á afirmación de Feijóo de que "Vox é un partido que está contra Galicia" e compáralle co catalán Jordi Pujol.
"Feijóo, que afirma que Galicia é unha "nación sen Estado", usa a vella táctica do separatismo catalán que convertía as críticas a Pujol en ataques a Cataluña. Naceu Jordi Feijoó", esgrime Abascal.
Trasladouno un día despois de que Feijóo, nunha entrevista en 'Os almorzos de TVE', garantise que non pactará con Vox, con dous argumentos: non cre que ese pacto fose "bo" para os galegos e, "sobre todo", non considera que "vaian ter representación parlamentaria".
"Non teño ningún interese nin compromiso de pactar con Vox e non o farei", sentenciou o mandatario galego.
Escribe o teu comentario