A Xunta cifra en 3.500 prazas na próxima OPE de Sanidade no caso de que o Goberno elimine a taxa de reposición

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou este sábado que, "se o Goberno central elimina a taxa de reposición", Galicia podería convocar ao redor de 3.500 prazas na próxima oferta pública de emprego (OPE), o que supoñería a maior convocatoria realizada desde o ano 2001.


|

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, afirmou este sábado que, "se o Goberno central elimina a taxa de reposición", Galicia podería convocar ao redor de 3.500 prazas na próxima oferta pública de emprego (OPE), o que supoñería a maior convocatoria realizada desde o ano 2001.


Máis de 330 profesionais participan na primeira OPE do Sergas para as especialidades de enfermería familiar e pediátrica

Segundo informou Almuiña, o plan é ofertar estas prazas correspondentes á OPE 2020 no primeiro trimestre deste ano. O Goberno galego insiste en que, para iso, sería necesario que o Executivo estatal eliminase a taxa de reposición --na última oferta Galicia puido convocar o 108% da taxa de reposición por cumprir o déficit--.

Almuiña fixo estas declaracións no Recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda (Pontevedra), onde se desenvolve a primeira xornada de exames da OPE de 2019, que servirá para dar cobertura a 1.492 prazas.

Este sábado celébranse as probas da primeira convocatoria que realiza o Sergas para as categorías de enfermería especialista en enfermería de familia e comunitaria, e en enfermería especialista en pediatría.

Galicia é a primeira das comunidades do Sistema Nacional de Saúde que realiza unhas oposicións para estas dúas categorías.


PRESENTADOS

Nesta xornada presentáronse 167 persoas das 191 rexistradas para optar a unha destas 30 prazas de especialistas en enfermería familiar e comunitaria, o que supón unha participación do 87,43%.


En canto ás prazas de enfermería especialista en pediatría, concorreron 164 persoas das 187 rexistradas, para cubrir 18 prazas, cunha participación do 87,70%,

Tamén se celebran este sábado as probas para o acceso a 126 prazas de persoal de servizos xerais nas que se inscribiron 7.530 persoas. Delas, acudiron ao exame 4.736 o que supón unha participación do 62,90%.

Este domingo, ás 9,30 horas, están convocados os aspirantes das categorías de especialistas en enfermería do traballo e enfermería de saúde mental, ademais dos opositores que optan a cubrir as prazas de fisoterapeuta.

Durante os meses de febreiro e marzo van celebrar os exames da fase de oposición para a cobertura de 1.492 prazas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE