O vigués que levaba desaparecido hai dúas semanas aparece en Santiago
O veciño do Porriño (Pontevedra) desaparecido o pasado 4 de xaneiro cando saíu de traballar, Francisco Germán Sánchez Sueiro, foi localizado, en bo estado, en Santiago de Compostela.
Francisco Germán Sánchez Sueiro está ben, segundo confirmou a súa familia, que denunciara a súa desaparición ante a Garda Civil
O veciño do Porriño (Pontevedra) desaparecido o pasado 4 de xaneiro cando saíu de traballar, Francisco Germán Sánchez Sueiro, foi localizado, en bo estado, en Santiago de Compostela.
LEVABAN SEN NOTICIAS DESDE O 4 DE XANEIRO
A familia deste vigués, que vive e traballa no Porriño, denunciou a súa desaparición no cuartel da Garda Civil de Torneiros despois de que non volvesen saber del desde o 4 de xaneiro.Francisco Germán quedara ese día cuns amigos despois de traballar, pero non se presentou á cita. Despois dun par de días sen saber nada del, foron ao seu domicilio e, ao non localizalo, deron a voz de alarma.
Escribe o teu comentario