Un condutor de patinete morre mentres circulaba por Poio (Pontevedra)
A Policía Local investiga a morte dun mozo de 32 anos, veciño de Poio (Pontevedra), mentres este domingo circulaba a bordo dun patinete eléctrico pola avenida Pai Avelino, na zona de Campelo.
Segundo informan fontes próximas ao caso a Europa Press, "non está nada claro" que o home falecese como consecuencia dun accidente mentres manexaba o vehículo, senón que puido sufrir unha indisposición.
Por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112, recibiu o aviso pasadas as 16,00 horas da tarde por parte dunhas persoas particulares. Na chamada, relataban que se atoparon ao mozo xa tendido no chan xunto ao patinete.
Seguidamente, unha ambulancia desprazouse ata o lugar pero nada puido facer por salvarlle a vida. Tamén acudiron ao momento, avisados polo 112, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Poio.
Fuentes próximas consultadas por Europa Press inciden en que "suponse" que o mozo se caeu do patinete, pero aínda se investiga se faleceu por mor dun golpe na cabeza ou dunha indisposición previa.
Escribe o teu comentario