Unha roda perdida na vía provoca un accidente múltiple na autovía do Barbanza

Unha roda de camión situada no medio da autovía do Barbanza provocou un accidente entre tres coches en Rianxo (A Coruña) que se saldou cun ferido.

|


Unha roda de camión situada no medio da autovía do Barbanza provocou un accidente entre tres coches en Rianxo (A Coruña) que se saldou cun ferido.


Accidente

Siniesto en Rianxo | Foto: Bombeiros de Boiro


O sinistro tivo lugar ás 18,30 horas deste venres na AG-11, segundo informa o CIAE 112 Galicia, que asegura que os implicados no accidente relataron que o causante do choque foi a existencia dunha roda de grandes dimensións no medio do carril.

En total, tres coches resultaron danados polo impacto e un dos ocupantes tivo que recibir atención sanitaria por parte dos profesionais de Urxencias Sanitarias 061.

O incidente provocou dificultades na circulación no carril esquerdo da autovía do Barbanza á altura do quilómetro 10.

ATROPELO EN CATOIRA
Por outra banda, o 112 tamén informa do atropelo dun home en Catoira (Pontevedra) rexistrado ás 18,45 horas deste vienres.

Segundo sinala a central de emerxencias, o particular que alertou a través do teléfono ao 112 sinalou que o vehículo implicado marchouse do lugar tras o suceso.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE