Candidato ao Colexio de Médicos da Coruña denuncia presunta fraude nas eleccións (VÍDEO)

Ademais, esíxelle unha rectificación dos "comentarios sobre a miña persoa".  Abel Vázquez durante o seu videocomunicadoLa citada Xunta proclamou vencedor o 28 de outubro ao outro candidato, Luciano Vidán, que se presentaba á releción, tras a renuncia de Vázquez o día antes do inicio do voto presencial, ante as presuntas irregularidades detectadas.  A Xunta proclamou a Vidán ese mesmo día e foi máis aló, publicando un durísimo comunicado no que acusa a Vázquez de poñer en dúbida a honra da institución, a Xunta e os traballadores.


|

A polémica polas supostas irregularidades nas eleccións ao Colexio Oficial de Médicos de A Coruña aumena . As urnas non estaban correctamente precintadas e incumpriuse o calendario electoral, denuncia o ex-candidato Abel Vázquez González nun videocomunicado ao que tivo acceso Galiciapress. Presuntas irregularidades que a Xunta Electoral nega completamente.


Vázquez adianta tamén "máis accións" para lograr que a Xunta Electoral repita os comicios. Ademais, esíxelle unha rectificación dos "comentarios sobre a miña persoa". 


Colexio de medicos coruu00f1a denuncia

Abel Vázquez durante o seu videocomunicado



A citada Xunta  proclamou vencedor o 28 de outubro ao outro candidato, Luciano Vidán, que se presentaba á releción, tras a renuncia de Vázquez o día antes do inicio do voto presencial, ante as presuntas irregularidades detectadas. 


A Xunta proclamou a Vidán ese mesmo día e foi máis aló, publicando un durísimo comunicado no que acusa a Vázquez de poñer en dúbida a honra da institución, a Xunta e os traballadores. Tamén advertía ao candidato de posibles accións legais ante as súas acusacións "falsas e tendenciosas". 


ESTABAN BEN PECHADAS As URNAS?

Entre outras cousas, argumentaba que as urnas estaban pechadas con cadeados e que as chaves só as tiñan os membros da Xunta.


Unha forma de pechalas que o candidato retirado non acepta. Como tampouco acepta os cualificativos vertidos contra el.   


SUPOSTAS AMEAZAS E VEXACIÓNS

Acusa á Xunta de "vexar e insultar a un colexiado por exercer o seu dereito para presentar unha reclamación" e razoa que isto lle podería suceder a calquera médico.


No comunicado reprocha á Xunta  que o vexou " publicamente" e amenazouno polo que, tras solicitar unha rectificación e non recibir resposta,  di non queda outra opción que tomar medidas.  "Non imos deixalo aquí", conclúe.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE