Transportistas galegos piden o embargo de Iveco España para que pague polo cártel de camións

O despacho vigués Balms Avogados pediu o embargo da sociedade Iveco España como medida para forzar o pago dos case 40.000 euros que debe pagar a unha empresa de Meis, tras a sentenza do xulgado do mercantil número uno de Pontevedra que condenou á compañía polos sobrecustos polo cártel de camións.

|

A pioneira sentenza, a primeira firme en España, contra os fabricantes por sobreprezos de camións debe ser executada xa, ao estar Iveco "en rebeldía procesual", alegan os letrados de Trasnportes Kartin, unha empresa de Meis.


O despacho vigués Balms Avogados pediu o embargo da sociedade Iveco España como medida para forzar o pago dos case 40.000 euros que debe pagar a unha empresa de Meis, tras a sentenza do xulgado do mercantil número uno de Pontevedra que condenou á compañía polos sobrecustos polo cártel de camións.


Flota de Camións Vilanovinu0303a 1030x687 Transportes Kartin

Camións de Transportes Kartin nunha imaxe da súa web



NON PAGOU NO PRAZO VOLUNTARIO

Unha vez concluído o prazo de pago voluntario do montante decretado na sentenza, Balms Avogados pediu ao xulgado esta medida ao considerar que Iveco España atópase "en rebeldía procesual", é dicir, non aceptou, nin respondeu a ningún dos requirimentos que, durante o proceso, remitíronselle desde o xulgado.

O Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra ditou o pasado mes de setembro sentenza condenatoria contra o fabricante de camións Iveco Spa en favor de Kartin SL, no que sería a primeira sentenza en firme en España contra o coñecido como cártel dos camións ao non recorrer a empresa en prazo.


CASE TANTOS INTERESES COMO INDEMNIZACIÓN

Segundo cuantifica a propia sentenza, Iveco Spa debe abonar a Kartín SL unha indemnización por danos que ascende a preto de 20.000 euros, e outros 19.240 euros correspondentes aos intereses legais desde a data de compra do vehículo.


O mesmo xulgado tamén ditou sentenza condenatoria contra MAN Truck & Bus AG, aínda que neste caso foi recorrida, polo que aínda non pode considerarse como firme.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE