Susto de morte: unha vela provoca un incendio nun cemiterio

Unha vela provocou un incendio nun panteón dun cemiterio pontevedrés, na parroquia de Salcedo, durante a tarde deste venres, Día de Todos os Santos, ás 17,15 horas.

|

Unha vela provocou un incendio nun panteón dun cemiterio pontevedrés, na parroquia de Salcedo, durante a tarde deste venres, Día de Todos os Santos, ás 17,15 horas.


Ceenterio

Un cemiterio


Segundo informou o 112 Galicia, a vela queimou uns papeis que se atopaban debaixo dela e desta maneira de orixinaron as chamas. Os servizos de emerxencias foron alertados por un particular, que indicou que o panteón estaba pechado e non podían apagar a vela.

Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso aos Bombeiros de Pontevedra, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil.

Finalmente, non foi necesaria a intervención dos profesionais de extinción. Os axentes da Policía Local, coa axuda dun extintor, apagaron o lume que unicamente calcinou a ver. Con todo, o interior do panteón quedou afectado polo fume.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE