Camioneiros galegos a Madrid contra o peche de ENCE Pontevedra

A Plataforma para a Defensa do Transporte de Madeira de Asturias e Galicia e UITA participarán nunha caravana de camións que partirá o mércores desde Begonte cara a Madrid, a través da A-6.

|

Hai "intereses ocultos" detrás das "escusas" ambientais para promover o fin da celulosa de Lourizán. Isto é polo menos o que denuncian dous colectivos de transportistas que parten este mércores cara á capital do Estado.


Plataforma para a Defensa do Transporte de Madeira de Asturias e Galicia e UITA participarán nunha caravana de camións que partirá o mércores desde Begonte cara a Madrid, a través da A-6.


Planta de Ence en Pontevedra


O colectivo realizou un chamamento "a todos os transportistas de madeira en Ence Pontevedra e Navia Asturias" en defensa do mantemento da empresa. A caravana protesta ten previsto pernoitar na contorna de San Vicente del Palacio, para poder chegar a Madrid o xoves sobre as 10.00 horas, onde se lerá un manifesto que poñerá fin á mobilización dos vehículos.

"ESCUSAS DE POLÍTICAS AMBIENTAIS"
"O noso sector atópase en perigo por mor das pretensións dos distintos Gobernos de turno. A súa intención de autorizar o peche da factoría de Ence en Pontevedra con escusas de políticas ambientais que só responden a intereses ocultos, destruirá postos de traballo directos e indirectos e xerará máis precariedade e depresión na zona".


Ence madeira



Por iso, animaron a dicir "non ao peche de Ence Pontevedra" e a impedir "que se prexudique máis" ao sector, "xa de seu moi castigado e afectado pola falta de atención das distintas administracións".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE