​Galicia leva unha semana cun helicóptero de gardacostas inoperativo mentres se activa o aviso amarelo na costa

A Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte e Telecomunicacións (FGAMT) da CIG alerta que a comunidade leva desde o pasado 24 de outubro co helicóptero de servizo de Gardacostas de Galicia 'Pesca 2' fose de servizo. "Isto supón un  problema grave de seguridade no mar", denuncia. 


|

A Federación Galega de Alimentación, Mar, Transporte e Telecomunicacións (FGAMT) da CIG alerta que a comunidade leva desde o pasado 24 de outubro co helicóptero de servizo de Gardacostas de Galicia 'Pesca 2' fose de servizo. "Isto supón un  problema grave de seguridade no mar", denuncia.


Pesca 2 helicu00f3ptero


O helicóptero 'Pesca 2', actualmente avariado 


Desde FGAMT-CIG consideran inadmisible o tempo que leva Galicia sen este helicóptero con base en Viveiro. Desta forma, a mariña lucense e parte da Coruña quedan parcialmente desprotexidas sen un servizo encargado de levar a cabo labores de inspección pesqueira ou salvamento.


"No caso de ocorrer unha emerxencia que precisase da súa intervención, esta zona, así como gran parte do interior de Galicia, estarían sen recursos para facerlles fronte", sinalan desde o sindicato. Na mesma liña o organismo sindical cuestiona se a Xunta considera que ter avariado un helicóptero supón "garantir a seguridade dos mariñeiros e da frota".


"Unha vez máis, queda demostrada a enorme precarización que se produce ao privatizar servizos, neste caso dos máis básicos como son os que teñen por obxectivo manter a seguridade das persoas", agrega en relación á venda por parte da Xunta da aeronave de Viveiro e outra con base en Vigo (a 'Pesca 1') á empresa concesionaria por entender que estaban "obsoletos", aínda que seguen prestando servizo mentres a Xunta paga por eles.


TEMPORAL PARA A FIN DE SEMANA

Cun helicóptero de salvamento menos, a situación faise especialmente complicada esta fin de semana, xa que a partir de mañá Meteogalicia anunciou a chegada dunha borrasca que poñerá a parte da comunidade en alerta amarela. Este venres comezará a penetrar na comunidade polo norte e o oeste unha fronte fría asociada a unha profunda borrasca que deixará ceos cubertos con choivas que se irán intensificando co paso da xornada. Esta borrasca deixará ventos fortes na franxa atlántica, con aviso amarelo na costa norte galega, precisamente na zona onde opera o helicóptero.


A inestabilidade meteorolóxica farase especialmente patente o sábado, con choivas xeneralizadas e moi intensas na madrugada do sábado ao domingo, cando empezará a remitir o temporal. Pero ese mesmo sábado tamén hai prognóstico de forte vento no litoral norte, polo que os traballos no mar pódense ver moi condicionados polo temporal e, co helicóptero inoperativo, o número de efectivos nos labores de rescate é significativamente máis baixo, polo que a máis dun tocaralle extremar as precaucións esta fin de semana. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE