Naturgy e Santiago forman a familias para que aprendan a gastar menos en luz
A Fundación Naturgy e o Concello de Santiago formaron este ano a case 60 familias da cidade a través de talleres en pautas para realizar un consumo enerxético máis eficiente, co obxectivo de reducir o importe da factura "sen perder as condicións de confort no fogar".
A principal distribuidora de electricidade de Galicia e o Concello da capital teñen en marcha un innovador programa para que as familias gasten menos en enerxía sen reducir a súa calidade de vida
A Fundación Naturgy e o Concello de Santiago formaron este ano a case 60 familias da cidade a través de talleres en pautas para realizar un consumo enerxético máis eficiente, co obxectivo de reducir o importe da factura "sen perder as condicións de confort no fogar".
Segundo explica a fundación nun comunicado de prensa, nestas sesións trabállanse temas relacionados coa eficiencia enerxética e a optimización de facturas, e tamén se identifica quen pode ter acceso ao bono social, e axúdaselles a solicitalo.
"O que buscamos é empoderar ás persoas máis vulnerables para que poidan minimizar o impacto do custo enerxético aplicando as medidas e consellos explicados nos talleres, e formar aos técnicos de servizos sociais para axudarlles no seu traballo diario", afirma a directora da área de proxectos sociais da fundación, Ester Sevilla.
Escribe o teu comentario