Todo listo para acoller a 100.000 persoas no Resurrection Fest 2019 (horarios)

As cifras da organización dos festivais de verán de Galicia dan vertixe: 100.000 espectadores de 40 países, 2.100 empregos directos xerados e 8,5 millóns de beneficios. Hoxe o Ressurection Fest 2019 realizou a súa presentación institucional para consolidar Viveiro e Lugo como "capital mundial do música metal e rock".


|

As cifras da organización dos festivais de verán de Galicia dan vertixe: 100.000 espectadores de 40 países, 2.100 empregos directos xerados e 8,5 millóns de beneficios. Hoxe o Resurrection Fest 2019 realizou a súa presentación institucional para consolidar Viveiro e Lugo como "capital mundial do música metal e rock".


As lendas do death metal Slayer, que dan o seu último concerto en España; os enmascarados do nu metal Slipknot, KingDiamond e ParkwayDrive encabezan un cartel no que tamén xoga un papel importante Berri Txarrak, os rockeiros vascos que están de xira de despedida.


RESSURECTION FEST 2019



Aínda que aínda quedan entradas á venda (os abonos esgotáronse hai tempo), o presidente en funcións da Deputación de Lugo, Dario Campos, dixo que "os hoteis da Mariña están cheos polo que os efectos do Resu estendéronse a Terra Cha e a municipios da Coruña". O ente provincial achega 150.000 euros á organización.


María Loureiro, alcaldesa de Viveiro, engadiu que a vila colgou o cartel de completo. Están repletos as 2.000 prazas de hotel, as 300 do cámping municipal e as 12.000 do cámping da organización. A política explicou que haberá un "punto de atención lila" para combater a violencia de xénero. O Resu leva 13 anos sen que haxa unha soa denuncia de agresión sexual.


Iván Méndez Rodríguez, director do festival, indicou que o recinto desta edición é máis amplo para acoller un cartel "variado, ambicioso e para todos os públicos". Son 100 bandas en 4 escenarios diferentes, que se reparten así.


HORARIOS RESURRECTION FEST 2019


Mércores 3/7

17:00 Portas 

– Ritual Stage

17:30 – 18:10 Back In Town

18:40 – 19:20 Arquivo Adxunto

19:45 – 20:25 Devil In Me

21:00 – 21:50 Bury Tomorrow

22:15 – 23:00 Municipal Waste

23:30 – 00:30 Ignite

01:10 – 02:10 Kvelertak


Xoves 4/7

13:30 Portas

– Main Stage

15:00 – 15:40 Trallery

16:20 – 17:10 Cane Hill

17:50 – 18:40 Crystal Lake

19:25 – 20:25 Gojira

21:45 – 23:15 Slayer

00:15 – 01:45 Parkway Drive

– Ritual Stage

14:30 – 15:00 Lóstregos

15:40 – 16:20 Meltdown

17:10 – 17:50 Kause 4 Konflikt

18:40 – 19:20 Altarage

20:30 – 21:30 Toundra

23:15 – 00:15 Leo Jimenez

01:45 – 02:45 Batushka

– Chaos Stage

14:00 – 14:30 Band Contest

15:00 – 15:35 Control de Pragas

16:10 – 16:45 Catorce

17:15 – 18:00 Main Line 10

18:40 – 19:30 Kitai

20:00 – 20:40 Higher Power

21:30 – 22:30 Misconduct

23:15 – 00:15 Terror

01:20 – 02:20 The Adicts

– Desert Stage

14:30 – 15:00 Cabeza de Cabalo

15:35 – 16:10 Voltaia

16:45 – 17:25 Electric Monolith

18:00 – 18:40 Bones of Minerva

19:20 – 20:00 Caboverde

20:30 – 21:30 TBA

22:35 – 23:35 Cró

01:45 – 02:45 Brant Bjork


Venres 4/7

13:30 Portas 

– Main Stage

15:00 – 15:35 Misiva

16:15 – 16:55 Brothers Till We Die

17:35 – 18:30 While She Sleeps

19:15 – 20:15 Trivium

21:00 – 22:00 Arch Enemy

23:00 – 00:30 Slipknot

01:30 – 02:30 Crisix

– Ritual Stage

15:35 – 16:15 Megara

16:55 – 17:35 Childrain

18:30 – 19:15 Wormed

20:15 – 21:00 Serrabulho

22:00 – 23:00 Avatar

00:30 – 01:30 Cradle of Filth

– Chaos Stage

14:00 – 14:30 Band Contest

15:00 – 15:35 Avida Dollars

16:15 – 16:55 Just

17:40 – 18:20 The Black Panthys Party

19:00 – 19:50 Mute

20:50 – 21:40 Birds In Row

22:20 – 23:20 Millencolin

00:30 – 01:30 Converxe

02:00 – 03:00 Venom Prison

– Desert Stage

14:30 – 15:00 Dagla

15:35 – 16:15 Moura

16:55 – 17:35 Neila

18:20 – 19:05 Santo Rostro

19:50 – 20:40 Wet Cactus

21:25 – 22:25 The Black Wizards

23:25 – 00:25 The Ocean

01:25 – 02:25 Radio Moscow


Sábado 6/7

13:30 Portas 

– Main Stage

16:10 – 16:50 Celtibeerian

17:30 – 18:20 Alien Weaponry

19:00 – 20:00 Testament

20:45 – 22:00 Lamb of God

23:00 – 00:30 Within Temptation

01:30 – 02:45 King Diamond

– Ritual Stage

14:30 – 15:05 Perpetual Night

15:35 – 16:10 Talesien

16:50 – 17:30 Strikeback

18:20 – 19:00 Vhäldemar

20:00 – 20:45 TBA

22:00 – 23:00 Berri Txarrak

00:30 – 01:30 Cult of Luna

– Chaos Stage

14:00 – 14:30 Band Contest

15:00 – 15:30 Less Fortunate Songs

16:10 – 16:50 Morgen

17:25 – 18:05 Close To The Sky

18:50 – 19:35 Eraso!

20:50 – 21:50 Brutality Will Prevail

23:30 – 00:30 Analepsy

01:20 – 02:20 Nasty

– Desert Stage

14:30 – 15:00 Cordura

15:35 – 16:10 Syberia

16:45 – 17:25 Cathexia

18:05 – 18:50 Atavismo

19:50 – 20:50 Cobra

22:00 – 23:00 Troubled Horse

00:30 – 01:30 Colour Haze

02:00 – 03:00 Miss Lava



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE