Máis de 300 contratos temporais para unha mesma enfermeira do SERGAS

Con todo, a práctica totalidade de sindicatos e colectivos do serctor seguen considerando que ese número é do todo insuficente para compensar anos de recortes, nos que nin sequera se convocan os postos dos funcionarios que se xubilaban."A eventualidade na enfermería galega non é algo puntual", conclúe o informe.


|

A "Enquisa da Enfermaría galega precaria” publicada esta mañá revela ata que punto, a pesar das cifras enarboradas por Feijóo, moitas de as enfermeiras do SERGAS soportan unha enorme tensión ao acumular lustros de precariedade e ducias de contratos temporais cada ano.


O colectivo "Enfermeiras enventuais en loita" explica que realizaron a enquisa como resposta ás declaracións do presidente de la Xunta. Alberto Nuñez Feijóo presumiu que case o 90% do persoal do SERGAS ten nomeamento definitivo.



Enfermeiras eventuais sergas silleda protesta negro loito enfermeiras oposiciónsMiles de opositoras acudiron vestidas de negro ás últimas oposicións para facer visible a súa precariedade


Segundo esa enquisa, o 89% das 735 respostas válidas indica que os profesionais están en situación de "precariedade laboral". O prazo medio para lograren un pouco de estabilidade, cubrindo unha vacante ou unha comisión de servizo, é de 12,2 ano  Algo que ademais non é ningunha panacea, pois os interinos que tras máis dunha década chegan a cubrir unha vacante seguen sendo persoal temporal.


ENORME VOLUME DE CONTRATOS TEMPORAIS

O número de contratos que asinan as enfermeiras co SERGAS é sorprendente. De media son 24 contratos temporais por ano, segundo a enquisa. Hai polo menos unha persoa enquisada que di foi contratada temporalmente polo SERGAS máis de 300 veces. 


É común que o SERGAS ofreza contratos por días, mesmo horas, tanto a médicos como a enfermeiros. Unha "eventualidade extrema" que se plasma, por exemplo,  en "cambio diario de servizo ou localización", o que sen dúbida afecta á calidade da atención que poden ofrecer estas profesionais aos pacientes. 


O ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN É OUTRA CONSECUENCIA

Ademais, as activistas lémbranlle ao presidente de la Xunta que a media de idade de persoal do SERGAS coincide coa media das galegas para ter o seu primeiro fillo. É evidente que as enfermeiras precarias dificilmente poden exporse ter descencia e, á vez, seguir rabuñando postos nas listas para avanzar cara á ansiada estabilidade laboral. Así relacionan o seu problema laboral cos gravísima crises de natalidade que sofre Galicia. 


O SERGAS reaccionou ás continuas protestas contra a precariedade ofrecendo máis prazas nas últimas convocatorias de oposicións. Con todo, a práctica totalidade de sindicatos e colectivos do serctor seguen considerando que ese número é do todo insuficente para compensar anos de recortes, nos que nin sequera se convocan os postos dos funcionarios que se xubilaban.


"A eventualidade na enfermería galega non é algo puntual", conclúe o informe. O colectivo engade que "é algo que vivimos miles de galegos e galegas, que sosteñen un sistema de saúde que sen o persoal eventual viría abaixo".


DATOS TÉCNICOS

A enquisa realizouse entre 11 de marzo e 16 de maio de 2019. A pesar de que a mostra non foi aleatoria  ou segmentada de acordo a criterios estatísticos, ten representatividade, porque as 735 enquisas válidas son unha porcentaxe significativa dos 10.000, aproximadamente, enfermeiros e enfermeiras temporais do SERGAS. A enquisa foi unha proposta de a  Asociación Enfermería Sociosanitaria da Coruña  (AENSAC).








Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE