Xamais o país rexistrara tan poucos nacementos no primeiros seis meses do ano como neste 2020. Un problema que se agravará sen dúbida máis na segunda metade do ano. Por agora, xa hai 5.193 máis galegos falecidos que recentemente nados.
Os novos datos oficiais do INE debuxan un panorama desolador para a demografía galega. A este ritmo seremos menos de 2,5 millóns de galegos na década dos 30.
O Debate do Estado de Autonomía empeza este mércores co décimo discurso de Alberto Nuñez Feijóo como presidente da Xunta. O líder do PP presentará novas medidas a favor da natalidade -como favorecer as garderías nas empresas e unha mellor Tarxeta Benvida-. O mandatario presumirá de que Galicia é "a mellor comunidade para ter familia", a pesar da constante perda de poboación, con Galicia batendo as súas peores marcas de natalidade e Ourense liderando as clasificacións de peor natalidade e maior envellecemento.
As traballadoras relacionaron a enorme precariedade que soportan co problema de envellecemento que sofre Galicia. O presidente reacciona prometendo contratos "estables, prorrogables por anos" de forma inmediata e adiantando que haberá máis diñeiro para as familias que teñan bebés, pero só para algunhas.
Con todo, a práctica totalidade de sindicatos e colectivos do serctor seguen considerando que ese número é do todo insuficente para compensar anos de recortes, nos que nin sequera se convocan os postos dos funcionarios que se xubilaban."A eventualidade na enfermería galega non é algo puntual", conclúe o informe.
Un de cada catro galegos xa ten máis de 65 anos. Ourense é a provincia máis envellecida de España. Xa hai 519.646 persoas galegas vivindo no estranxeiro. A pesar da evidencia da crise demográfica, o Goberno argumenta no Parlamento que "iso é positivo porque pode traer moitas máis vantaxes".
O problema do envellecemento da poboación en Galicia agrávase e non só afecta as provincias do interior. Os novos datos do IGE mostran que A Coruña é a que perde máis natividade e que cada vez máis mulleres non teñen fillos ata cumprir 40 ou máis anos.
Ata en oito comarcas do interior do país a fonte número 1 de ingresos son as pensións e outras axudas sociais. A riqueza, pola contra, concéntrase nas urbes atlánticas e as súas periferias.
Tomar medidas xa para evitar a marcha de mozos preparados. Esta é a receita do Foro Económico de Galicia para evitar o freo da economía de Galicia, que crece pero con "precariedades".
Cada vez hai mais evidencias de que a década transcorrida dende que estourara a crise financeira (2008) foi unha década perdida para Galicia. Calquera avaliación que se faga a nivel económico, social, político, ambiental e cultural confirma que a situación hoxe non e mellor, senón incluso peor que fai unha década. Unha realidade que si afecta maiormente as clases de rendas medias e baixas –as clases populares- que son abrumadora maioría en Galicia tamén afecta ao país galego no seu conxunto. Galicia está, hoxe por hoxe peor situada no panorama español e internacional que fai unha década.
Edelmira Barreiro, do PP de Ourense, dirixe este novo organismo incapaz de fixar un prazo para presentar o seu plan máis dun ano despois da súa creación.
Rexistra 12.683 mortes máis que alumeamentos | A esperanza de vida sitúase en 82,7 anos, lixeiramente por baixo da media nacional | A idade media para casar está en 35,7 anos.
Continúa a sangría demográfica, cun descenso poboacional do 0,4 | A media de idade en Galicia sitúase en 46,8 anos, con Ourense como a provincia máis envellecida (50,2).
Edelmira Barreira lembrou que as políticas deben afectar ao emprego, os servizos sociais, a igualdade de oportunidades e a conciliación.
Son 'emerxentes' enfermidades neurodexenerativas e vasculares, insuficiencias cardíacas e respiratorias, vinculadas ao envellecemento.