​Unha peregrinación de 4,5 quilómetros pola investigación sanitaria

A liga de Reumatoloxía Galega organiza unha camiñada o próximo día 22 de xuño en apoio ás investigacións do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. 


|

A liga de Reumatoloxía Galega organiza unha camiñada o próximo día 22 de xuño en apoio ás investigacións do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.


Peregrino ante a Catedral de Santiago



A Liga de Reumatoloxía Galega iniciou unha campaña para apoiar a investigación de enfermidades reumáticas e musculo esqueléticas. A campaña vai acompañada dun reto: unha peregrinaxe de 4,5 km.


O traxecto corresponde ao último tramo do Camiño de Santiago, entre o Monte do Gozo e a praza do Obradoiro e pode participar todas as persoas interesadas en sumarse á iniciativa, que terá lugar o próximo 22 de xuño ás 11 horas.


A participación é totalmente gratuíta e non require de inscrición en ningunha plataforma ou rexistro. O obxectivo é apoiar a investigación de catro novos fármacos que se están desenvolvendo no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Desde a organización teñen claro o motivo polo que optaron por esta peculiar peregrinaxe: “Igual que os investigadores, sabes como empezas, pero non sabes se poderás alcanzar a meta! Empezas con ilusión e forza, pero chegar ao final depende do apoio de todos nós”.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE