​A cadea ‘Sibuscascoche’ inaugura dúas novas instalacións en Pontevedra

Vigo e Vilagarcía de Arousa son as dúas localidades nas que a marca de vehículos de ocasión online abre as súas dúas novas instalacións.


|

Vigo e Vilagarcía de Arousa son as dúas localidades nas que a marca de vehículos de ocasión online abre as súas dúas novas instalacións.


Sibuscacoche Vilagarcu00eda



A marca de vehículos de ocasión online de Pérez Rumbao, ‘Sibuscascoche’, anunciou a apertura de dous novos centros en Vigo e Vilagarcía de Arousa. Desta forma, son xa catro os establecementos da marca en Galicia, xunto coas de A Coruña e Santiago de Compostela.


Con esta ampliación da marca, ‘Sibuscascoche’ ten máis preto o obxectivo de “achegarse de maneira tradicional aos cliente de vehículos de ocasión, así como acompañar ao negocio dixital que vén desenvolvendo a firma galega Pérez Rumbao”. Así, a firma segue desenvolvendo un modelo de venda a través da plataforma dixital e física, a gran aposta da empresa a través da tecnoloxía e a innovación na navegación móbil.


As dúas novas instalacións, cun investimento que rolda os 300.000 euros, a firma ademais creará dez postos de emprego nos seus establecementos, que se sumarán “aos 1.300 traballadores dos que dispón Pérez Rumbao en todos os seus segmentos de negocio e que van desde a fabricación, reparación, comercialización e distribución de vehículos ata a distribución de produtos petrolíferos”


A área de influencia das novas instalacións de Sibuscascoche céntrase en Galicia, aínda que o portal que xa conta con máis de 35.000 usuarios únicos ao mes, pode ser visualizado en calquera punto de España. Clientes potenciais que contan cunha atención personalizada que lle permite recibir na súa casa o coche en calquera punto da xeografía nacional, sen necesidade de acudir ao concesionario”, sentencia a empresa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE