​O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admite unha nova demanda contra Tahoces

O director xeral de Enerxía e Minas, imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental, foi denunciado por colectivos e organizacións que integran a rede ‘ContraMINAcción’ por “obstaculización ao acceso de información ambiental”.


|

O director xeral de Enerxía e Minas, imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental, foi denunciado por colectivos e organizacións que integran a rede ‘ContraMINAcción’ por “obstaculización ao acceso de información ambiental”.


Anxo Bernardo Tahoces

O director xeral de Enerxía e Minas, Anxo Bernardo Tahoces


Os colectivos e organizacións integrantes da rede ‘ContraMINAcción’ seguen en pé de guerra contra Anxo Bernanardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a demanda por “obstaculización ao acceso de información ambiental relativa a proxectos mineiros e enerxéticos” e na actualidade atópase na “fase práctica de proba”, tal e como sinala o comunicado da plataforma.


“O TSXG admitiu a demanda que veñen de formalizar esta mesma semana a Asociación Petón do Lobo, a Asociación Sociocultural Ou Iribio, a Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins, o Sindicato Labrego Galego e Verdegaia, co apoio doutros colectivos integrados na rede”, afirma a nota de ‘ContraMINAcción’.


O fin da demanda é que o tribunal “anule os aspectos da instrución que vulneran non só a lexislación de rango superior en materia de acceso a información ambiental, senón á propia ‘Convención de Aarhus’ da que é parte contratante o Estado e que recoñece os dereitos de acceso a información ambiental e á participación pública en proxectos que afecten ao ambiente”.


Desta forma, ‘ContraMINAcción’ considera que a instrución fai unha “interpretación restritiva” do que constitúe a información ambiental, ademais de “modificar o réxime de acceso creando obstáculos que contrarían as normas legais”, unha práctica que realiza de forma “sistemática” desde o departamento de Mina de la Xunta, como denuncia o comunicado. Na nota, tamén se sinala que existen sentenzas previas do propio TSXG “que condenaron á Xunta a entregar copias de expedientes mineiros que viñan sendo retidos ilegalmente”.


“Desde ‘ContraMINAcción’ denunciamos o intento de dar aparencia de legalidade e institucionalizar as prácticas obstaculizadoras e de escurantismo que veñen caracterizando as actuacións do Departamento de Minas”, advirte a plataforma, lembrando que Tahoces atópase imputado por un presunto delito de prevaricación ambiental relacionado coa mina de San Finx en Lousame

relacionada Feijóo involucra ao bipartito no expediente polo que director xeral de Minas está investigado
relacionada Feijóo apoia a Tahoces, imputado por prevaricación ambiental: “Temos tranquilidade absoluta”
relacionada O director xeral investigado por unha mina di que todo foi legal pero a oposición pídelle a súa dimisión
relacionada Empresario dos papeis de Bárcenas presidiu a mina pola que é investigado o director xeral

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE