Máis de 20 de camións de lixo saboteados e tres semanas de folga en Transportes Pacholo
A empresa denuncia o acoso dos folguistas aos transportistas que levan residuos a SOGAMA.
A empresa denuncia o acoso dos folguistas aos transportistas que levan residuos a SOGAMA.
Terceira semana de folga en Transportes Pacholo e sen previsión de que a situación cambie a curto prazo. A empresa recibiu máis dunha vintena de denuncias por sabotaxes en camións de lixo, como deixalos sen freos ou roturas de lúas, ademais de picadas e “accións de risco por parte de descoñecidos e encapuchados”, como sinala a nota da empresa, lamentando que os danos supoñen “cuantiosos danos económicos”.
Na mesma liña, denuncia que os traballadores que seguen realizando o servizo para SOGAMA sofren presións por parte dos folguistas. As sabotaxes xa foron denunciados ante a Garda Civil de Ordes. “Algúns condutores denunciaron ameazas e coaccións, como é o caso dun traballador que foi abordado por encapuchados o 29 de abril de madrugada á altura de Meirama e obrigado a atravesar o camión na estrada para causarlle danos no radiador, nas mangueiras de gasoil e nas rodas, o que obrigou a cortar o tráfico durante varias horas”, lamenta a empresa.
MANTEÑEN A OFERTA
Doutra banda, a UTE adxudicataria mantén a oferta de reincorporar aos oito traballadores despedidos en distintas empresas que ofrecen a opción de contratalos á concesionaria Renfe-Copasa-Logirail, pero non en Transportes Pacholo nin noutras empresas que prestan servizo a SOGAMA, como reclaman os despedidos, un dos motivos polo que se mantén a folga.
Escribe o teu comentario