(VÍDEO) Así foi o minuto final dos partidos no debate da TVG

Néstor Rego (BNG), Iván Olmos (En Marea), Yolanda Díaz (En Común-Unidas Podemos), Pablo Aragüena (PSOE) e Marta González Vázquez (PP) enfrontáronse nun debate a cinco na Televisión de Galicia, ao que non foi convidado Cidadáns.


|

Néstor Rego (BNG), Iván Olmos (En Marea), Yolanda Díaz (En Común-Unidas Podemos), Pablo Aragüena (PSOE) e Marta González Vázquez (PP) enfrontáronse nun debate a cinco na Televisión de Galicia, ao que non foi convidado Cidadáns.


Debate TVG


A Televisión de Galicia reuniu aos cinco partidos con representación no Parlamento Galego (se consideramos que a escisión de En Marea produciuse antes do inicio da campaña electoral). Néstor Rego polo Bloque Nacionalista Galego, Iván Olmos por En Marea, Yolanda Díaz por En Común-Unidas Podemos, Pablo Aragüena por Partido Socialista Obreiro Español e Marta González Vázquez polo Partido Popular mediron as súas forzas na televisión autonómica coa intención de deixar claras as súas posturas na carreira polo Congreso dos Deputados.


MINUTO DE OURO

Antes de pechar o debate, cada un dos partidos gozou dun minuto para resumir o seu discurso e levar á audiencia a esencia do seu partido. Néstor Rego apelou a que o pobo galego é un “pobo digno e traballador que quere responsabilizarse do seu futuro”. “Dar voz a Galicia é o primeiro paso para defender os nosos intereses e dereitos como nación”, afirmou o representante do BNG, que aproveitou o minuto para poñer o foco sobre a ultradereita “que quere que retrocedamos nos nosos dereitos e liberdades” e que “ataca a nosa lingua”.



Iván Olmo pediu aos telespectadores un esforzo de imaxinación para “imaxinar a Galicia do futuro”. “Unha Galicia onde non teñamos que ver aos nosos fillos ou os nosos netos a través de pantallas de computador porque se tiveron que marchar fóra”, apelou o candidato ourenseano. Do mesmo xeito, criticou a tarifa eléctrica e a falta de infraestrutura. “O próximo 28 de abril os galegos votamos aos nosos representantes para poñer a primeira pedra na construción desa Galicia do futuro”, resolveu o representante de En Marea.



A representante de En Común-Unidas Podemos afirmou que a formación morada demostrou que “si se pode”. “Puidemos botar a Rajoy de Moncloa, puidemos subir o salario mínimo e puidemos revalorizar as pensións”, lembrou a candidata. Nesa mesma liña, pediu o voto aos traballadores de Alcoa, de Isowat, de telemarketinge de todos os sectores que o están pasando mal neste país”. A continuación, subliñou temas como o cambio climático, a loita feminista ou as pensións.



Pola súa banda, o socialista Pablo Arangüena non dubido en empezar a súa intervención sinalando á “dereita tripartita” que se botou “en mans da ultradereita e o populismo”. “Nós estamos na mesura, na moderación e na sensatez”, agregou o vicesecretario xeral do PSdeG-PSOE. Lembrou os esforzos do goberno socialista nestes meses para sacar adiante as súas propostas, pero pediu o voto para “facer máis cousas” e para “frear a escorada ultradereita tripartita”. “Existe o risco de que a partir do 28 de abril teñamos un goberno con xente que leva pistola”, concluíu o socialista



Para concluír, Marta González Vázquez pediu o voto para conseguir “un goberno serio para Galicia e para España”. Durante a súa intervención subliñou a “experiencia” do Partido Popular e considerou que o seu partido era o que daría a España “o papel que merecemos” no conxunto internacional. “Pedimos o voto para o PP porque somos un valor seguro, e sábeno en Galicia e en España”, pechou a vicesecretaria de comunicación popular, que tivo a intervención máis breve de todos os asistentes.



CRÍTICAS DE CIDADÁNS

Doutra banda, desde Cidadáns, que non ten representación no Parlamento autonómico, criticaron que o seu partido non fose convidado a participar ao debate a pesar de que o CIS dá moitas opcións á formación laranxa de sacar escanos na comunidade o próximo día 28.


Beatriz Piñeiro, candidata de Cs por Pontevedra, quixo saber “quen está detrás de todo isto, quen move os fíos e marca a folla de ruta” para que ao seu partido “siléncieselle de forma sistemática”. “Todos somos parte da Televisión de Galicia”, lembrou a candidata.




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE