"Pensa o ladrón que todos son da súa condición" responde Compostela Aberta ás acusacións de enchufes do PP

Tensión preelectoral na capital de Galicia. O PP tira dunha noticia de OK Diario sobre supostos contratos menores con empresas de familiares para desgastar a Noriega, que denuncia que irá aos xulgados ante a "infamia". Hernández di que o alcalde o ameazou no seu despacho.


|

Tensión preelectoral na capital de Galicia. O PP tira dunha noticia de OK Diario sobre supostos contratos menores con empresas de familiares para desgastar a Noriega, que denuncia que irá aos xulgados ante a "infamia". Hernández di que o alcalde o ameazou no seu despacho.



Hernandezppsantiago

Agustín Hernández


O ALCALDE E A CONCELLEIRAANUNCIAN ACCIÓNS XUDICIAIS

En declaracións aos medios de comunicación á primeira hora da mañá, o rexedor compostelán, Martiño Noriega, enmarcou as acusacións na "desesperación do clima preelectoral e no traspaso dunha liña vermella", que leva ao PP para "instalarse nunha infamia" e na "difamación", atacando o "ámbito familiar e persoal".


Máis duro foi aínda o seu grupo, Compostela Aberta:




" E máis aló de rexeitar acusacións e difamacións, o que me queda a min e á miña contorna é defenderme na vía xudicial directamente", avanzou Martiño Noriega, que confirmou que xa consultou cos seus avogados porque "non todo vale" e o PP traspasou " unha liña vermella" que "non é aceptable nin en ningún contexto preelectoral".


CRÍTICAS A AGUSTÍN HERNÁNDEZ

Precisamente, incidiu en que tras as acusacións "hai un punto de non retorno no campo persoal con Agustín Hernández --portavoz municipal do PP--" e dá "por rotas as relacións institucionais" cos populares de Santiago.


Noriega vinculou as acusacións do PP cunha publicación procedente do "OK diario", para acusar aos populares de "estar a traballar para o inglés, para a extrema dereita, amplificando informacións de OK Diario e participando en campañas de difamación".


EXPLICACIÓNS SOBRE A SÚA PARELLA

Ante as acusacións directas, lembrou que a súa parella, a poetisa Antía Otero, "traballou intensamente" para o Concello de Santiago co bipartito, "traballou na época do PP e non traballou neste mandato".


"E non porque non o poida facer ou porque non teña unha traxectoria senón porque é a miña parella e sabemos que hábitat ocupamos", aclarou, "e aínda así é difamada, xa é unha liña de non retorno".


En concreto, explicou que o contrato de 501'5 euros, un aos que apuntaba o PP, coa empresa Apiario foi por un recital poético de "outra poeta, é unha sociedade limitada onde cada un factura o que traballa".


"E non ten nada que ver con ningún beneficio da miña parella", remarcou, para rematar sinalando que "total dá igual a verdade, aquí o importante é difamar" pero confiando en que nas eleccións os cidadáns "axusten contas con eles". E se o prexudicado é Compostela Aberta, conclúe: "Se a infamia triunfa a infamia gobernará e verémonos con Vox".


"CALUMNIAS" E POLÍTICA DE ESTRUME, SEGUNDO MARTA LOIS

E tamén saíu ao paso das acusacións a concelleira Marta Lois, edil de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, quen as defina como "marca da casa do PP", que nos últimos meses de dedicou a "enlodar" e a facer "a política unha estercolera".


Neste caso, subliñou, excederon " os límites e unha liña vermella" e xa non "teñen ningún tipo de criterio nin principio ético" porque todas "as declaracións son calumnias".

En concreto, defendeu que a persoa que lidera Produccións Teatrais Excéntricas S.L. "ten suficiente traxectoria artística e profesional como para que o poña alguén en cuestión".


Marta Lois, para a que estas declaracións retratan que o PP debe estar "moi preocupado polos próximos resultados electorais", reprochou a súa falta de moralidade, avanzou que está a valorar se "demandalos por estas declaracións".


"Isto non é facer política, é facer outra cousa, estamos máis aló de facer política, falamos de asuntos que non competen á política", agregou a edil compostelá que, como conclusión, remarcou que "a política non pode ser unha estercolera".


AMEAZAS NO DESPACHO, DI HERNÁNDEZ

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Agustín Hernández, acusou ao alcalde, Martiño Noriega, de "ameazalo" no seu despacho, despois de que este mércores os populares denunciasen que varias empresas con "vínculos" con membros do Goberno local recibiran un total de 16 contratos menores. O rexedor, pola súa banda, avanzou que estuda presentar denuncias a nivel persoal por unha "infamia" pola que "rompe relacións institucionais" co PP.


O portavoz do PP compareceu a última hora da mañá ante os medios de comunicación, ante unha información da que foron "coñecedores" este mércores e que se refire ao concello da Coruña, gobernado pola Marea Atlántica liderada por Xulio Ferreiro.


Neste caso, Agustín Hernández asegurou que dous das empresas ás que facían referencia, Apiario e 7H Sociedade Cooperativa Galega, tamén recibiron "12 contratos" do goberno local de Ferreiro.


NON SABE DOS SUPOSTOS CONTRATOS DA CORUÑA PERO VE UNHA MAREA DE FAVORES

Aínda que admitiu que non teñen constancia de vínculos co goberno local coruñés, Agustín Hernández asegura que isto mostra que hai "unha marea de rede de favores" e "unha rede que está estendida pola provincia da Coruña".


Agustín Hernández esixiu explicacións respecto diso sobre a "conduta" do goberno local ante "algo que non é ético", cumprindo o seu "traballo político" de "fiscalizar, controlar" a quen "viñan mudalo todo", aínda que non sen antes lembrar o que "antes dixeron Noriega, Marta Lois ou Xan Duro" do PP.


AGUSTÍN HERNÁNDEZ ACUSA A NORIEGA DE "AMEAZAS"

Pero Hernández acusou ademais a Noriega de "ameazalo" no seu despacho. Durante a rolda de prensa do edil do PP na que se expoñían estas supostas irregularidades este martes, o portavoz popular foi chamado polo alcalde ao seu despacho. Acudiu "pensando" que se trataban de cuestións do concello, relatou, pero atopouse un "alcalde fóra de si" co que mantivo unha conversación con "momentos certamente con tensión".


"Só recibimos unha chamada do alcalde a unha reunión desagradable na que o único que recibín foi ameazas pero ningunha explicación", resolveu.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE