Compostela Aberta

María Rozas (Compostela Aberta): “Santiago está levantado pero as fochancas xa non abren os titulares”

Galiciapress entrevista a carea da marea Compostela  en Santiago de Compostela, a concelleira María Rozas, dentro da quenda de conversas con alcadábeis das cidades galegas. 

Santiago ten orzamentos ao superar Bugallo a cuestión de confianza tras deixar BNG e CA o pleno
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, superou este mércores a cuestión de confianza á que someteu a aprobación dos orzamentos municipais para 2021 cos votos a favor dos seus dez edís e o rexeitamento dos oito do Partido Popular.
Acordo para a abstención de Compostela Aberta e a aprobación dos orzamentos de Santiago
A marea santiaguesa absterase para que as contas saian adiante, aínda que reprocha o "atraso inxustificado" dos socialistas
O inicio da rolda de consultas de Bugallo para os orzamentos esperta as críticas do resto de grupos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou este mércores que o goberno local iniciará o venres a "rolda de consultas" cos grupos en relación aos orzamentos municipais deste ano, unha cuestión na que os representantes da oposición criticaron o "atraso" nos prazos e que, concluída a primeira semana do ano, aínda non se coñeza o borrador.


Santiago empeza a negociación dos seus orzamentos

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou este mércores que o goberno local iniciará o venres a "rolda de consultas" cos grupos en relación aos orzamentos municipais deste ano, unha cuestión na que os representantes da oposición criticaron o "atraso" nos prazos e que, concluída a primeira semana do ano, aínda non se coñeza o borrador.


Aprobados os orzamentos de Santiago grazas a abstención de PP e BNG




O PSOE defende que son unhas contas "absolutamente técnicas" e "para saír do paso" durante o que queda de ano
Guinarte (PSdeG) reclama "responsabilidade" a Compostela Aberta para aprobar uns "orzamentos técnicos" que permitan a subida salarial comprometida


A capacidade de manobra do novo goberno do PSOE en Santiago de Compostela sométese este venres ao seu primeiro gran exame. Os de Xose Sánchez Bugallo tentarán sacar adiante uns "orzamentos técnicos" para chegar a final de ano sen ter que ir tirando cos actuais prorrogados.

​Bugallo: “Hai que redefinir o modelo de turismo en Santiago”


Hai uns meses as enquisas puñan ao PSOE en terceira posición pero o retorno do ex-alcalde provocou un tremor na política local que se plasmou nunha contundente vitoria socialista. Con todo, Xosé Sánchez Bugallo necesita de apoios e nesta entrevista con Galiciapress detalla en que eidos buscará pactos con Compostela Aberta, PP e BNG; noemadamente o turismo e o Xacobeo. Co Bloque non descarta aínda compartir goberno. A operación Peleteiro, o “estraño” criterio da conselleira de Infraestruturas co tren ao aeroporto, o teleférico á Cidade da Cultura e a construción de vivenda pública son algúns doutros temas desta conversa.

Baile de alcaldías en Galicia

Unha urnas que no caso de Galicia deixaron, co gallo das eleccións municipais, algunhas lecturas políticas moi interesantes e ilustrativas como, por caso en Vigo, Pontevedra, Compostela, A Coruña e O Ferrol.A relevancia destes concellos para Galicia é indiscutible velaí unha das razóns da miña atención aos resultados habidos.

Santiago: o PSOE de Bugallo tentará gobernar en solitario
O vencedor das eleccións afirma que non son "nostálxicos do pasado" e ábrese a "conseguir co PP puntos de coincidencia"
"​Bugallo aspira a ser o voto útil da dereita e Compostela Aberta é o voto útil da esquerda"

É realista que Bugallo saque máis apoio nas locais que o que acadou Pedro Sánchez nas xerais? Este é un dos argumentos que enarbora sobre as recentes enquisas o alcalde de Santiago. Nesta entrevista con Galiciapress, Martiño Noriega tamén cuestiona a estratexia do PSOE, que ve pescando na da dereita ao calcar propostas conservadoras como instalar máis cámaras de seguridade. A fusión de concellos, a necesidade de repensar que turismo busca Compostela e o contraste entre a unión a nivel local da marea fronte o divorcio a nivel autonómico de En Marea son outros dos temas desta conversación.

O CIS prevé que Bugallo (PSOE) recupere a alcaldía de Santiago de Compostela
A enquisa prognostica unha forte caída do PP e de Compostela Aberta, que pasaría de ser a forza máis votada á terceira ao baixar un 15%
Referendo para fusionar Santiago e Teo, propoñen os seus dous alcaldes
Aseguran que a realidade "social" non se corresponde coa "realidade administrativa" da zona
As mareas da Coruña e Santiago pasan da marca de Podemos, ANOVA e EU para as locais


Boas noticias para o PPdeG na Coruña. Compostela Aberta e Marea Atlántica -como xa fixeron para estas xerais- pasan de participar en márcaa paraugas promovida por Podemos, Anova e Esquerda Unida para as municipais; polo que, salvo sorpresa de última hora e que se adhiran á marca de En Marea de Luís Villares, non poderán sumar os seus votos á hora de competir pola Deputación Provincial, o que aumenta exponencialmente as posibilidades do PP de reconquistar a deputación herculina. 

O alcalde de Santiago propón fusionar municipios como Ames, Teo e Compostela

Noriega encara a campaña electoral argumentando que, dado que o plan comarcal "non funciona", chegou o momento de volver debater sobre o proxecto de fusionar os municipios da comarca de Compostela.

Sen candidatura común das mareas, Compostela Aberta non participará nas eleccións xerais

"Queremos para Galicia o que temos na nosa cidade, que é un espazo onde o conxunto da Unidade Popular pode participar", di Noriega

O PP contratou varias veces aos que critica agora por recibir adxudicacións do Concello de Santiago


Unha "rede de favores" esténdese por toda a provincia. Os concellos de Santiago e A Coruña favorecen a empresas de familiares de Compostela Aberta dándolles contratos menores, que se poden adxudicar a dedo. Esta é a denuncia que enarbora o Partido Popular para desgastar ás mareas. Unha argumentación que perde peso ao comprobar que administracións gobernadas polo propio PP contrataron en múltiples ocasións a esas mesmas empresas, que agora,en plena precampaña, poñen no punto de mira.

Unha das firmas que o PP di son enchufados de Compostela Aberta denunciará aos conservadores
Advirte das "calumnias" e as súas socias aseguran que "traballaron máis intensamente" para ambos os concellos con gobernos anteriores
"Pensa o ladrón que todos son da súa condición" responde Compostela Aberta ás acusacións de enchufes do PP

Tensión preelectoral na capital de Galicia. O PP tira dunha noticia de OK Diario sobre supostos contratos menores con empresas de familiares para desgastar a Noriega, que denuncia que irá aos xulgados ante a "infamia". Hernández di que o alcalde o ameazou no seu despacho.

A oposición tomba os orzamentos de Compostela Aberta

PP, BNG e PSdeG censuran a baixa execución orzamentaria e a pouca vontade negociadora e Martiño Noriega acúsalles de estar en clave electoral.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE