Baltar ficha a Iker Jiménez para o seu festival cultural


Na V ICC Week de Ourense, o festival da Deputación de Ourense, hai moita diversidade. Competicións de videoxogos, unha charla sobre o xadrez, un coñecido monologuista e o máis famoso comunicador do "misterio" presentando un novo formato "cara a cara"


|

Na V ICC Week de Ourense, o festival da Deputación de Ourense, hai moita diversidade. Competicións de videoxogos, unha charla sobre o xadrez, un coñecido monologuista e o máis famoso comunicador do "misterio" presentando un novo formato "cara a cara"


A quinta edición da semana das industrias culturais e creativas de Ourense, a Ourense ICC Week, celebrarase do 2 ao 7 de abril e contará coa participación do xornalista e presentador español Iker Jiménez e do humorista, escritor, director de cinema e ilusionista Luís Piedrahita, entre outros.


Presentación da Ourense ICC Week.

O evento, cuxo cartel representa o xadrez de San Rosendo --composto por oito pezas de cristal conservadas na Catedral de Ourense--, foi presentado este martes no centro cultural Marcos Valcárcel polo presidente da Deputación Provincial --institución que organiza a actividade--, Manuel Baltar, e os coordinadores do mesmo, Juan Rivas e Manuel Araújo.


NOVO FORMATO 
Os coordinadores da Ourense ICC Week avanzaron que o presentador de televisión e divulgador do misterio e o paranormal Iker Jiménez presentará o mércores 3 de abril, no Teatro Principal de Ourense, o seu formato en directo chamado 'Cara a cara': unha nova experiencia de comunicación na que os asistentes poderán dialogar directamente co protagonista. Pese ao patrocinio público, as entradas, iso si, saen a 18 euros. 


 cara a cara con iker jimenez

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE