Novas candidaturas poden aparecer se o PSOE non garante postos aos afíns a Pachi Vázquez

A saída de Pachi Vázquez do PSdeG pode provocar unha tormenta maior nas filas socialistas esta semana. Segundo confirmaron a Galiciapress fontes próximas ao PSOE en Ourense, son varios os líderes locais que se expoñen seguir os pasos do ex-secretario xeral autonómico e deixar as filas socialistas.


|

A saída de Pachi Vázquez do PSdeG pode provocar unha tormenta maior nas filas socialistas esta semana. Segundo confirmaron a Galiciapress fontes próximas ao PSOE en Ourense, son varios os líderes locais que poden seguir os pasos do ex-secretario xeral autonómico e deixar as filas socialistas.



Pachi vazquez na foto do seu perfil de twitter



De feito, os pachistas terán unha reunión a finais de semana para decidir se seguen os pasos do seu líder. Algúns mesmo se atrevou a aliñarse publicamente, aínda que sexa entre liñas, co movemento dado por Vázquez.


"EU ESTAREI Á BEIRA DE PACHI NO QUE EMPRENDA"

Así, o portavoz do PSdeG na Deputación de Ourense, preguntado se haberá quen tamén abandone o PSOE, respondeu que "é unha cuestión para valorar". "Desde logo, esta é unha decisión que o cambia todo", dixo Francisco Fraga, antes de explicar que "a min na miña casa ensináronme a ser persoa, respectar á xente e respectar os compromisos. Eu cumprirei os compromisos que teño que cumprir, respecto a a xente, e no ámbito persoal as miñas decisións tómoas eu con absoluta liberdade. Nunca deixei que ninguén as tomase por min".


Outro cargo próximo ao ex-conselleiro de Medio Ambiente, o concelleiro de Promoción Económica no Carballiño dixo sobre o seu mentor que "non se pode descartar nada, é un animal político". Adolfo Nogueira tamén declarou que "eu estarei á beira de Pachi no que emprenda".


CIDADÁNS NON É UNHA OPCIÓN, PERO MONTAR ALGO PROPIO SI

E que será iso que vai emprender, no seu caso, Pachi Vázquez? A opción de ser o candidato por Cidadáns en Ourense parece case totalmente descartada. A pesar de que o secretario de organización dos laranxas fíxolle unha chiscadela ao carballiñés inicialmente, pronto o aparello do partido marcou distancias, negando calquera contacto. O propio Pachi Vázquez parecía acalar eses rumores ao apuntar que "se alguén lle quere buscar" el estará sempre "da raia do medio cara á esquerda".







As fontes do PSOE ourensán consultadas por Galiciapress témense que o anuncio dunha reunión de pachistas para esta semana sexa un globo sonda non para anunciar un desembarco en Cidadáns na capital, pero si para montar unha candidatura propia, polo menos no Carballiño.


CANDO VEXAS AS BARBAS DA LÍDER EN MACEDA AFEITAR ...

Os militantes orgnizados ao rededor da corrente Espazo Común quéixanse de que a dirección do PSOE en Ourense anda manobrando para excluírlos dos postos nas listas das eleccións locais de primavera. Como exemplo apuntan a Maceda. Nesa vila a líder local Ana María Rodríguez será sustituída por unha persoa con tirón electoral pero que á fin e ao cabo vén doutro partido, o exalcalde polo BNG e ata hai nada militante de Compromiso por Galicia Xabier Oviedo. 


Visto o sucedido en Maceda, entre os que no seu día apoiaron  a Vázquez nos seu fracasado intentos de ser líder provincial -o 33% do censo- son bastantes os que temen que a eles tamén lles movan a cadeira. 


AS LISTAS DAS LOCAIS 

Esa, a negociación da listas, pode ser a clave para a resolución a este envurullo. Se a dirección do PSdeG logra acougar aos cargos afíns a Vázquez, este non conseguirá suficiente masa crítica e poida que todo quede en nada, salvo a renuncia do propio Vázquez. Pola contra, se o aparello socialista non logra -ou non quere- transmitir seguridade aos cargos simpatizantes con Espazo Común, Vázquez pode ver engordar as súas filas. Entón poderá medir as súas forzas para lanzar a súa candidatura no Carbilliño e quen sabe se noutras localidades, un movemento que por certo sería moi ben acollido polo baltarismo para dividir á oposición. 


Por agora, Gonzalo Caballero, líder autonómico, non dixo nin a primeira palabra, consciente do delicado da situación.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE