O comité de folga da 061 denuncia á Xunta por "vulneración de dereito a folga"

O comité de folga do 061 presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a Fundación Urxencias Sanitarias 061 por "vulneración do dereito a folga e liberdade sindical", por decretar uns servizos mínimos "desproporcionados do 100%".

|

O comité de folga do 061 presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo contra a Fundación Urxencias Sanitarias 061 por "vulneración do dereito a

folga e liberdade sindical", por decretar uns servizos mínimos "desproporcionados do 100%".



Protesta traballadores 061 polo traslado


Así, pide que se levante a correspondente acta de infracción en materia de vulneración dos dereitos fundamentais dos traballadores, con imposición da sanción que corresponda e notificación das actuacións levadas a cabo, segundo recolle nun comunicado.


O persoal ten prevista a próxima mobilización para o vindeiro mércores, 19 de setembro, ás 12,30 horas, ante a Consellería de Sanidade.


A xunta de persoal convocou, desde o pasado 1 de agosto, unha folga indefinida que afecta o persoal estatutario que presta os seus servizos nos actuais centros de traballo de Conxo e San Marcos. A folga desenvólvese das 12 e 14 horas e das 19 ás 21 horas todos os mércores, domingos e festivos.


Pola súa banda, o 061 subliñou, nunha resposta a Europa Press, que xa no mes de agosto o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) determinou como medida cautelar que os servizos mínimos durante a folga e os paros convocados neste servizo "debían ser do 100 por cen dos servizos mínimos dado o seu carácter de servizo esencial".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE