As Brigantias comezan a tempada con dous Summer Camps de Roller Derby en Santiago e A Coruña

As Brigantias están listas para disputar os WFTDA International Playoffs entre o venres 31 de agosto e o domingo 2 de setembro no Palacio dos Deportes de Riazor


|

Rollerderby


As Brigantias están listas para disputar os WFTDA International Playoffs entre o venres 31 de agosto e o domingo 2 de setembro no Palacio dos Deportes de Riazor, pero tamén teñen todo preparado para colocar a guinda á competición máis importante de Roller Derby internacional. 


Durante o mes de setembro, o equipo feminino impartirá unhas charlas e xornadas de portas abertas en Santiago de Compostela e A Coruña para "achegar este deporte á comunidade galega", segundo explican nun comunicado. 


Así, tras os playoffs, o martes 4 a Casa do Matadoiro de Compostela acollerá unha charla sobre o deporte ás 19.30h. Na Coruña impartirase no Centro Social Gómez Gaioso, en Montealto, o venres 7 ás 20.30h. 


Doutra banda, a capital galega terá a súa Summer Camp de Roller Derby o sábado 8 de setembro no Pavillón de Fontiñas entre as 11.00h e as 19.30h, onde as asistentes recibirán unha formación básica "por medio de explicacións teóricas e exercicios prácticos, tanto para iniciarse como xogadora como para persoal de arbitraxe e voluntariado". O sábado 15, unha semana despois, as persoas interesadas neste deporte poderán asistir ao Summer Camp que terá lugar na Polideportiva Nº1 de Riazor, no mesmo horario. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE