CCOO-Ensino pide ao profesorado que se dirixa ao conselleiro de cultura para apoiar a súa proposta salarial

O sindicato reivindica unha subida salarial de 100 euros mensuais en 2020, "na mesma liña que o acordo ao que se chegou no sector de xustiza".


|

Romanrodriguezconselleiroeducacioncultura
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura


A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia dirixiuse a profesorado e claustros para pedirlles "implicación" na loita pola homologación salarial docente. O sindicato ha pediulles que se dirixan por correo electrónico ou postal ao conselleiro de Cultura cun "pronunciamiento rotundo" de apoio ás peticións de CC.OO. na mesa sectorial. 


A chamada prodúcese despois de que rompesen as negociacións o pasado venres 8, e responde a unha petición do sindicato para que a Consellería "retire a súa última proposta" e elabore outra que "respecte ao profesorado" e permita conducir "a bo porto" as negociacións. 


O texto proposto polo sindicato di así:


"O profesorado galego esixe á Consellería que vostede representa unha proposta que permita alcanzar un acordo de homologación que nos sitúe de media na sexta posición (do mesmo xeito que se conseguiu cos acordos de homologación de 2003 e 2006). Da mesma forma que o calendario de aplicación ten que iniciarse no ano 2018 e acabar no ano 2020, na mesma liña que o alcanzado coas traballadoras e traballadores de xustiza"


A proposta de Educación consiste nun incremento de 80 euros mensuais que se alcanzaría en 2021 cunha aplicación progresiva de entre 10 e 30 euros, mentres que o sindicato reivindica unha subida salarial de 100 euros mensuais en 2020, "na mesma liña que o acordo ao que se chegou no sector de xustiza". 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE