O acordo entre traballadores e xerencia acaba coa folga do Hospital de Monforte

SOS Sanidade Pública chama a continuar coas mobilizacións como "principal instrumental" para frear a privatización da sanidade

|

FOLGA HOSPITAL MONFORTE


Os traballadores do Hospital de Monforte de Lemos desconvocaron a folga que mantiñan desde hai tres semanas os martes e os xoves. Fixérono tras ser referendado polos traballadores o acordo alcanzado entre o comité de folga e a xerencia do centro que recolle "gran parte" das reivindicacións do persoal.

O comité de folga informou este luns que entre os compromisos adquiridos pola xerencia do Hospital de Monforte figura non dar comisión de servizos aos médicos especialistas que se fagan cunha praza por oposición no hospital no caso de que non haxa substituto.

Todo iso, segundo indica o comité nun comunicado, para evitar que os hospitais comarcais queden sen cobertura de facultativos. Ademais, la xerencia tamén se compromete á estabilización de tres prazas de enfermería, a través da reconversión de tres contratos de acumulación de tarefas en vacantes.

Por outra banda, levará a cabo un contrato de auxiliar de enfermería en quenda de mañá, outro de reforzo de celador os días de alta carga de traballo e, así mesmo, a dirección comprométese a estudar o aumento dun técnico de laboratorio.

O comité de folga agradece o apoio dos traballadores durante os días "de conflito" e pide desculpas aos pacientes e cidadáns que se puidesen ver afectados os días de folga.

SOS SANIDADE PÚBLICA
Pola súa banda, a plataforma SOS Sanidade Pública cualificou de "gran éxito a marcha atrás nos recortes de persoal e recursos que afectaban á atención sanitaria da poboación e ao funcionamento do Hospital".

Así, chama a continuar coas mobilizacións porque constitúen o "principal instrumento para frear o desmantelamento do sistema sanitario público" promovida por "unha Xunta neoliberal que pretende trasladar ao sector privado os servizos asistenciais, pagados con cargo ao orzamento público". 





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE