Vídeo de nova vertedura na mina de Touro

A Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON remite un vídeo sobre unha nova vertedura. Neste caso é no Río Portapego, afluente do Río Ulla, e que atravesa a zona onde operaba a antiga canteira e a anterior mina de cobre, zona que Atalaia Minning quere volver explotar. O río corre de cor marrón con manchas de escuma.


|

A Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino NON  remite un vídeo sobre unha nova vertedura. Neste caso é no Río Portapego, afluente do Río Ulla, e que atravesa a zona onde operaba a antiga canteira e a anterior mina de cobre, zona que Atalaya Minning quere volver explotar. O río corre de cor marrón con manchas de escuma.



Nun comunicado denuncian que mentres Cobre San Rafael -a marca galega dos investidores multinacionais- e  Atalaya  Mining continúan coa súa campaña para instalar a mina, os veciños de Touro e O Pino denuncian "as verteduras da anterior explotación (abandonada no ano 1986 pese a que xa se esixía a restauración dos terreos) ante siléncioo administrativo dos gobernos locais de Ignacio Codesido e Manuel Taboada e da Xunta de Galicia que apela a unha legalidade que en Touro e O Pino non coñecen desde hai 30 anos". 


A plataforma conclúe que "o desastre ambiental de Touro e O Pino son verteduras e drenaxes constantes que destruén o noso medio e atacan os nosos modos de vida e a nosa saúde". A Xunta segue mentres adianta coa tramitación da explotación, cuxos promotores prometen crear 400 postos de traballo.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE