O PPdeG critica a folga feminista e os seus efectos na mocidade

Paula Prado explicou no Parlamento de Galicia a súa posición respecto das mobilizacións do 8 de marzo


|


Folga feminista


A folga feminista deste 8 de marzo supuxo un éxito histórico a todos os niveis, cun seguimento masivo e un apoio maioritario por toda Galicia. Con todo, a as mobilizacións non lles faltaron detractores e figuras políticas que ven na folga un fomento da desigualdade e unha forma de dividir a mulleres e homes.


A deputada do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, xa mostrara en repetidas ocasións a súa opinión respecto da folga feminista do 8 de marzo. Esta vez, foi no Parlamento de Galicia onde se preguntou “que lle estamos trasladando á mocidade con esta folga só para mulleres”.



A popular incidiu en que coas mobilizacións feministas dáse a entender que a igualdade é só cousa de mulleres, cando é algo que debe repercutir a “homes e a mulleres”. De acordo a Paula Prado, a igualdade é “cousa de todos”, unha idea que segundo a deputada non parece encaixar na filosofía da folga feminista.


Aínda así, moitas mulleres, figuras políticas, sindicatos e organizadoras destacaron que a finalidade do paro consistía en mostrar a influencia das mulleres na sociedade, ao berro de “se as mulleres pairan, o mundo para”. Algo que de ningunha maneira exclúe a os homes da ecuación, quen debía apoiar, na medida do posible, a que sus compañeiras puidesen acudir á folga, reivindicar os seus dereitos e demostrar a importancia do seu labor.


Paula Prado tamén quixo explicar no seu discurso a “base da desigualdade”, isto é, a plena incorporación da muller ao mercado laboral por unha banda, e a escasa incorporación dos homes ás tarefas domésticas. Aludiu ademais á necesidade de non “simplificar o discurso” e profundar nas causas da brecha laboral.


“FEMINISMO RADICAL E INTOLERANTE”


A deputada popular non foi a única figura figura pública en contra da folga feminista. A ex candidata de Cidadáns á Xunta de Galicia, Cristina Losada, manifestou por Twitter a súa opinión contraria ás concentracións do 8 de marzo. Defendeu que o seu éxito non vai a “empoderar ás mulleres, senón a un feminismo radical, máis coactivo e intolerante”, e que a súa finalidade non vai máis aló de "quedar ben e seguir non facendo nada".



Cristina Losada viu no apoio á folga feminista un “rabaño político”, así como unha escusa das elites para sentirse militantes en materia de igualdade de xénero. “ O confort moral é o opio das elites”, sentenciou nun dos seus tweets.

relacionada "Éxito" da folga feminista #8M en Galicia
relacionada Goretti Sanmartín: “Sen mulleres o mundo non anda”
relacionada As políticas galegas irán á folga feminista?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE