Ruagua, un dos proxectos DEMOS gañadores para o desenvolvemento de economía circular no rural

Ruagua busca xerar un impacto positivo na comarca ourensá da Rúa, mediante a valorización da economía circular dos eixos auga-enerxía-residuos


|

PHOTO 2023 04 20 14 53 38 (1)
O consorcio, de carácter público-privado, está formado polo Consorcio de Augas de Valdeorras, AquaOurense e Cetaqua / Foto: Ruagua

O proxecto Ruagua, impulsado polo Consorcio de Augas de Valdeorras, AquaOurense e Cetaqua, foi seleccionado como unha das propostas gañadoras que conforman o Proxecto DEMOS, unha iniciativa da Fundación Cotec en colaboación coa empresa IKEA e que busca medir o impacto social, económico e ambiental da economía circular en comunidades rurais.

 

O propósito deste proxecto é crear un impacto positivo a través da economía circular no muncipio ourensán da Rúa, mediante a valorización dos eixos auga-enerxía-residuos, establecendo un modelo de simbiose rural-industrial replicable.

 

En cal ao eixo auga, este achegará o uso de auga rexenerada a todos os sectores produtivos, así como aos servizos públicos, dunha maneira integral, dixital e áxil. Promóvese así a sustentabilidade a través dun modelo de gobernanza cooperativo para garantir a dispoñibilidade de auga durante épocas de seca e reducir así a tensión hídrica nesta contorna rural.

 

Este recurso hídrico alternativo utilizarase no muncipio para a preservación das actividades económicas predominantes, entre elas, a produción vitivinícola. Tamén promove a saúde ambiental da contorna a través da rega de áreas verdes, parques e xardíns, protexendo o caudal ecolóxico das masas de auga e a biodiversidade e as áreas habitadas, coa axuda de infraestruturas que faciliten a prevención e extinción de incendios e axuden a reducir a tensión hídrica do municipio.

 

Doutra banda, promove o desperdicio cero en eixos de conversión de residuos en enerxía, reduce o uso de fertilizantes e produtos químicos ao proporcionar compost de alta calidade e promove a produción de enerxía solar como fonte renovable, que reduce as emisións de gases de efecto invernadoiro.

 

Cun orzamento de 300.000 euros concedidos por COTEC e IKEA, Ruagua conta coa participación de todos os axentes locais, interesados na reutilización e a co-gobernanza da auga. Trátase dunha mostra da alianza entre o sector público e o privado: entre a adminsitración, co apoio do Concello da Rúa e a Deputación de Ourense; sector vitivinícola, coa participación de D.Ou. Valdeorras; o sector turístico, coa ruta do Viño de Valdeorras; a empresa privada, con Aquaourense , o Centro Tecnolóxico da auga (Cetaqua), os servizos públicos, como o Consorcio Provincial contra incendios e Salvamento de Oursense, así como os habitantes da Rúa.

 

O PROXECTO DEMOS

O proxecto DEMOS desenvolverá tres demostradores de economía circular en España, en tres pobos con menos de 5.000 habitantes, entre eles A Rúa, en Ourense. Con iso, búscase medir o impacto social, económico e ambiental da economía circular en comunidades rurais, ademais de achegar valor e xerar evidencias da súa utilidade na toma de decisións por parte dos axentes responsables do despregamento de políticas de innovación, de desenvolvemento rural e de economía circular.

 

As propostas seleccionadas nesta convocatoria de 2023 localízanse en Ourense , Burgos e Málaga.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE