Consumidores reclaman que Blusens devolva o diñeiro

A Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) solicitará a intervención da Fiscalía no caso que investiga o Xulgado número 3 de Santiago sobre a comercialización dos dispositivos WebTV de Blusens, un caso no que seguen investigados cinco persoas.

|

WebTV de Blusens

A Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) solicitará a intervención da Fiscalía no caso que investiga o Xulgado número 3 de Santiago sobre a comercialización dos dispositivos WebTV de Blusens, un caso no que seguen investigados cinco persoas.

En declaracións a Europa Press, o responsable da entidade, Miguel López, explicou que os servizos xurídicos traballan na presentación dun escrito debido a que entenden que afecta a unha pluralidade de persoas máis aló do partido xudicial compostelán ou da Comunidade galega.

Ademais, nun comunicado, a entidade de consumidores lembra que o xulgado ordenou retirar e deter a comercialización do dispositivo que se comercializaba, segundo cita, afirmando que o usuario tiña acceso "a calquera contido audiovisual grazas ás apps de creación libre de WebTv: cinema, series, canles, eventos, etc, sen límites. Sen cotas". 

A Unión de Consumidores apunta que as persoas que compraron este dispositivo viron como quedou "inservible dun día para outro", ata que se esclareza a situación por "posible relación con algunha vulneración de dereitos de propiedade intelectual". Segundo pescudou Galiciapress, a denuncia que causou a caída do servizo e a detención dos directivos está relacionados cos contidos do fútbol español.

Nestes momentos a situación falta por aclarar, pero "é certo que moitos consumidores estarán a se preguntar que facer co dispositivo". Respecto diso, Ucgal considera que, á vista do ocorrido, "existe unha falta de conformidade do produto de acordo ao establecido na normativa que regula as garantías de bens de consumo".

Ao non caber a reparación ou substitución do produto, esta asociación considera que as persoas afectadas poden reclamar a devolución do diñeiro pago polo dispositivo no seu momento.

relacionada ​Blusens caeu por violar presuntamente os dereitos do fútbol

1 Comentarios

1

Francamente creo que si algún comprador reclama habría que sancionarlo directamente ¿o es tan ignorante como para creer que las pelis y el fútbol son gratis?

escrito por CarlosSson 08/Mar/18    21:08 h.

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE