blusens

Poxa del Correo Gallego: o ex de Blusens José Ramón García pagaría máis, superando a Prensa Ibérica (Faro de Vigo)

Un empresario vinculado ao ventrílocuo José Luís Moreno e o produtor de Españois polo Mundo son outros nomes próximos á oferta máis cuantiosa presentada na poxa xudicial por Editorial Compostela.

Estes son os galegos máis morosos con Facenda
A empresa galega de decoración e enxoval Pórtico sae da quinta lista de morosos da Axencia Tributaria, na que seguen firmas galegas como Martinsa-Fadesa, Freiremar, Blusens e Caramelo, entre outros.
"Escurantismo" nos avais do IGAPE, cunha ducia de empresas morosas

O deputado do PSdeG Abel Losada denunciou onte o "escurantismo" do IGAPE. O ente de la Xunta penca de "falta de transparencia" a pesar de ser a administración que máis axudas e avais concede ás empresas galegas de certo tamaño. Algunhas destas sociedades, como Blusens, Pórtico ou Alfageme non devolveron o que lles correspondía a tempo, segundo revela un informe do Consello de Contas.

A Policía acusa a Blusens de crear as apps que permitían a piratería
Decretado o levantamento do segredo de sumario no caso, no que se interviñeron 1.840 euros e computadores en Santiago
Consumidores reclaman que Blusens devolva o diñeiro
A Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) solicitará a intervención da Fiscalía no caso que investiga o Xulgado número 3 de Santiago sobre a comercialización dos dispositivos WebTV de Blusens, un caso no que seguen investigados cinco persoas.
​Blusens caeu por violar presuntamente os dereitos do fútbol

Unha denuncia sobre os dereitos do fútbol español precipitou a detención de José Ramón García. Aínda que a operación está protexida por segredo de sumario, fontes próximas á empresa confirmaron a Galiciapress que foi a presunta violación da propiedade intelectual da liga o motivo das detencións e rexistros nas casas particulares de García e dúas dos seus socios en Blusens.

Auxe e caída de Blusens, cuxo creador está en liberdade con cargos

Blusens tomou por asalto a cima mediática, social e económica de Galicia. José Ramón García chegou a patrocinar un equipo de ACB, outro no mundial de motos e ser o referente para aqueles que empezaban a falar de empredimiento. Mesmo convenceu a Manuel Jove para que invertiese na súa marca. Hoxe está en liberdade provisional con cargos e con gran parte do grupo en concurso de acredores.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE