Fariña e Iván Ferreiro elevan á música en galego ao prime time da televisión estatal
Vídeo da cabeceira da serie que estrea esta noite Antena 3 composta por Iván Ferreiro no interior.
Sito Miñanco, o máis mediático dos capos galegos, volve ás portadas e, por vez primeira, ás pantallas de televisión. O cambadés está a ser xulgado en Pontevedra polo seu millonario patrimonio inmobiliario nas Rías Baixas, máis de 4 millóns segundo contabilizou Galiciapress, que a Fiscalía cre provén do branqueo do narcotráfico.
Ademais, Antena 3 (20:40 horas) estrea este mércores cun especial en horario de máxima audiencia Fariña , a serie homónima inspirada polo libro de investigación de Nacho Carretero sobre o contrabando e o narcotráfico en Galicia. Volume tamén de máxima actualidade, polo seu próximo secuestro xudicial.
De fondo, soa a música de Iván Ferreiro. O compositor vigués, ex-líder dos Piratas, ponlle son á cabeceira dunha serie que relata feitos que aínda marca a vida económica e política de moitas localidades do país. E faino cantando en galego, unha novidade na grella televisiva de ámbito estatal:
Así é a espectacular cabeceira de #Fariña, con música de @ivanferreiro. Este mércores, ás 22.40h, estrea en @antena3com pic.twitter.com/WN1E9Ou5iYe
— Atres Comunicación (@atresmediacom) 27 de febreiro de 2018
Escribe o teu comentario