'Fariña', o libro que pode ser secuestrado, dispoñible gratis e pagando por Internet

Libros do K.O. nega liberar un pdf de 'Fariña' que está a circular por 'WhatsApp' e tamén pide non facer caso ao "mercadeo" de segunda man "a prezos abusivos". O libro electrónico pódese comprar legitimamente na páxina da editorial, pero o certo é que hai meses que o libro se pode atopar gratis na Rede.


|

Libros do K.O. nega ter liberado un pdf de 'Fariña' que está a circular por 'WhatsApp' e tamén pide non facer caso ao "mercadeo" de segunda man "a prezos abusivos". O libro electrónico pódese comprar legitimamente na páxina da editorial, pero tamén é certo é que hai meses que o libro se pode atopar gratis na Rede.


Portada do libro Fariña, de Nacho Carretero


Así, o portal DLSCRIB.com, ferramenta moi popular entre os hackers para difundir contidos censurados, hai meses que ofrece un PDF de Fariña gratis.


Sobre a versión que anda por WhatsApp, a editorial di que "está a circular o pdf de 'Fariña' por wassap coa lenda de que nós o liberamos. É mentira. Iso fainos dano".

A editorial incide que vive "da venda de libros", polo que advirte de que "este tipo de virais" faille "tanto dano como un secuestro editorial".



Nacho Carretero Praza Pública


A quen queira ler o libro e non atopa un exemplar de papel, recoméndalle comprar o 'ebook'. E conclúe prometendo "que a pesar do inminente secuestro, volverá haber Fariña para todos (e ao prezo normal)". A compra lexítima ademais serve para apoiar á editorial e ao xornalista nun momento complicado, tras a denuncia interposta por un ex-alcalde do PP por relacionalo co narcotráfico.

relacionada A ameaza de secuestro xudicial dispara as vendas de "Fariña"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE