A ameaza de secuestro xudicial dispara as vendas de "Fariña"

O intento de secuestro xudicial dun volume sobre o narcotráfico galego pódelle saír pola culata a un dos históricos alcaldes da dereita nas Rías Baixas. Son numerosos os libreiros que aseguran que o libro 'Fariña', obra do xornalista galego Nacho Carretero, esgotouse, ao transcender que o exalcalde do Grove (Pontevedra) José Alfredo Bea Gondar pediu no xulgado . A falta de depositar a fianza, esta medida cautelar leva tamén a prohibición de imprimir e comercializar exemplares.



|

O intento de secuestro xudicial dun volume sobre o narcotráfico galego pódelle saír pola culata a un dos históricos alcaldes da dereita nas Rías Baixas. Son numerosos os libreiros que aseguran que o libro 'Fariña', obra do xornalista galego Nacho Carretero, esgotouse, ao transcender que o exalcalde do Grove (Pontevedra) José Alfredo Bea Gondar pediu no xulgado . A falta de depositar a fianza, esta medida cautelar leva tamén a prohibición de imprimir e comercializar exemplares.



Farianachocarreterolibro


Pero mentres tanto, a chega aos poucos de clientes nas librerías galegas foi incesante, como ratificaron a Europa Press libreiros de Cronopios --en Pontevedra e Santiago--, Crebanoces da Coruña, Couceiro de Santiago, Paz de Pontevedra ou Vidal en Vilagarcía de Arousa, unha das localidades nas que se focaliza o libro, precisamente.

En case todas as librerías esperan recibir máis exemplares na xornada deste xoves e mesmo algunhas xa tiveron reposición este mesmo mércores, como foi o caso de Cronopios e Couceiro en Santiago.


"Houbo unha demanda especial, quédannos poquitos dos que nos mandaron esta tarde, esgotouse pola mañá", explicou a Europa Press un libreiro de Cronopios en Santiago.


"DEMANDA ABISMAL"


Na de Pontevedra quedou esgotado á primeira hora da mañá, aínda que teñen un exemplar na librería que está reservado. De feito, foi "moi fotografado" pola prensa ao longo do día, xa que na maioría das librerías estaba esgotado. "Unha demanda abismal, coma se fose un 'best seller' que acaba de saír e todo o mundo espera por el", destacou unha libreira de Cronopios en Pontevedra.


Polo momento, non chegou ningunha circular da editorial ou distribuidora sobre o tratamento do libro, así que os establecementos indicaron que seguirán vendéndoo como ata agora. "Antes xa era moi coñecido, pero agora veu moita xente pola curiosidade, a venda disparouse", remarcou a portavoz de Cronopios.


EXEMPLARES RESERVADOS E OUTRAS VENDAS


Exemplares reservados nalgúns locais, como Couceiro en Santiago, mentres en localidades como Vilagarcía, un dos puntos neurálxicos da entrada da droga nos anos 80 e 90, tamén reaccionou á noticia acudindo a facerse cun exemplar ao bordo do secuestro xudicial.



Nacho Carretero Praza Pu00fablica


E non só o título 'Fariña', senón que na súa localidade natal, na Coruña, tamén se incrementou a demanda doutros títulos do autor. De feito, acaba de publicar outro título coa mesma editorial, K.O., 'Parécenos mellor', que conta a historia do Deportivo da Coruña.

relacionada O best seller sobre os narcos galegos a piques de ser secuestrado
relacionada Narcos galegos con infiltrados na Garda Civil
relacionada Finaliza a rodaxe da serie 'Fariña' sobre o narcotráfico en Galicia nos anos 80

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE