Dimite un cargo do SERGAS pola "maquillaxe sistemática" das listas de espera

|


Hospital Montecelo


O Xefe de Oftalmoloxía de Pontevedra, Pedro Corsino Fernández Vila, di adeus no medio dunha polémica coa Xunta pola espera das operacións de cataratas. O Goberno prometeu que haberá un substituto pronto. 

Dimite un cargo do SERGAS pola "maquillaxe sistemática" das listas de espera


"Esta denuncia dun profesional do sistema vén corroborar a maquillaxe sistemática das listas, que vimos denunciando como asociación desde hai anos, que inclúe a non publicación das listas non estruturais onde se almacenen miles de pacientes, para ocular unha realidade escandalosa", sinalou nun comunicado de prensa.


Ademais, reprochou os "métodos utilizados para esta ocultación" como "que os pacientes diagnosticados (por exemplo de cataratas) e pendentes de operación sexan derivados a unha nova consulta con outro especialista cuxa cita pode ser para dentro dun ano, sen que o enfermo figure na lista de espera cirúrxica".


"Esta práctica ten como finalidade (entre outras) a privatización da atención sanitaria xa que favorece a desviación de pacientes aos centros privados concertados", manifesta.


Por iso, a asociación reitera a súa "esixencia de transparencia das listas de espera, repoñer os recortes aplicados nos últimos anos, utilizar plenamente (mañá e tarde) os recursos hospitalarios e unha política de persoal incentivadora que premia a calidade, os resultados en saúde e a produtividade".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress