Comeza a preparación dos actos municipais do Día da Muller
Desde o Goberno local tratan de "mellorar a coordinación entre os diferentes servizos e organismos".
Reunión do Consello de Igualdade. Foto: Concello de Ourense
O Consello Municipal de Igualdade e a Comisión contra a Violencia de Xénero do Concello de Ourense mantiveron senllas reunións co fin de axuntar esforzos e coordinación para articular os actos conmemorativos do Día da Muller.
Ademais, abriuse un prazo para que as entidades, organismos e asociacións que así o desexen poidan presentar as súas propostas documentadas para o Premio Clara Campoamor 2018.
Como novidade, incorporáronse á Comisión de Violencia de Xénero as concellerías de Educación, Sanidade e Servizos Sociais, co obxecto de articular unha maior transversalidade nas políticas deste campo.
A concelleira de Igualdade, Sofía Godoy, sinala que "o noso afán é mellorar a coordinación entre os diferentes servizos e organismos, pois todas temos pleno convecimiento de que a Igualdade é cousa de todas e todos".
Escribe o teu comentario