Pachi Vázquez

Concelleiro do Carballiño gastou 400€ en “paparota” en restaurante de luxo en Madrid, denuncia a oposición

Espazo Común Galeguista asegura que o primeiro tenente de alcalde do Carballiño, José Manuel Dacal Fernández (#PSOE), gastouse 400 euros nunha comida nun restaurante de Madrid cunha estrela Michelín. O grupo da oposición indica que o funcionario interventor municipal puxo reparo a pagar esa factura pero que o alcalde, Francisco José Fumega Piñeiro (#PSOE), levantouno para abonar a factura co diñeiro municipal.

Pachi Vázquez non prevaricou na contratación de 60 persoas no Concello do Carballiño, dita a Xustiza
O exsecretario xeral do PSdeG e exalcalde do Carballiño (Ourense), Pachi Vázquez, foi absolto do delito de prevaricación pola contratación de 60 persoas que lle imputaba o Ministerio Fiscal e polo que foi xulgado a finais do 2020 en Ourense. O xulgado do Penal 2 exonerouno xunto aos outros catro edís que traballaban no Concello de Carballiño entre os anos 1995 e 2011.
Pachi Vázquez insiste en que non prevaricou aínda que haxa "algunha irregularidade administrativa" nos 60 contratos a xuízo
Vázquez sentará no banco o 23 de novembro por un suposto delito de prevaricación continuada polo que Fiscalía pide 10 anos de inhabilitación
Pau xudicial aos presuntos enchufes de Pachi Vázquez en O Carballino
Alega que a contratación laboral investigada "foi realizada á marxe de todo procedemento sen realización de expediente algún"
Pachi Vázquez tentará ser de novo alcalde do Carballiño por Espazo Común, que tamén preséntase por Ourense

Pachi Vázquez leva ata o final a súa aposta por crear unha alternativa ao PSOE en Ourense e lánzase a encabezar a lista de Espazo Común na vila que gobernou durante anos. Na capital, o candidato será Óscar Pérez.

Así é Espazo Común, o novo partido de Pachi Vázquez que competirá en ducias de concellos

Como apuntou Galiciapress hai meses, Pachi Vázquez e os seus afíns ían escindirse do PSdeG. Hoxe presentaron a súa marca electoral baixo unha ideoloxía socialdemocrata e galeguista. Algo propio dun "entroido", en opinión do líder autonómico socialista, Gonzalo Caballero.

Pachi Vázquez presentará o seu novo partido para as municipais

Ao proxecto se incorporarán exmilitantes socialistas que deixaron os seus cargos en distintas asembleas locais.

Máis conflito no PSOE de Ourense polo cesamento dunha persoa próxima a Pachi Vázquez en Carballiño

A crise no PSOE de Ourense a raíz do conflito cos fieis a Pachi Vázquez agrávase. Hoxe un grupo de dirixentes socialistas da comarca do Carballiño -onde foi alcalde o exconselleiro- protestaron en rolda de prensa polo cesamento de Adolfo Nogueira como portavoz no Carballiño, onde gobernan os socialistas.

Comeza a escisión no PSOE de Ourense

Facer público as baixas en Maceda implica dar o primeiro paso concreto cara á escisión, pois seguro que os ex-militantes do PSdeG nesta vila concorrerán coas súas propias siglas, consumándose así o primeiro paso da ruptura do PSOE da provincia de Ourense.

Pachi Vázquez e os seus afíns enchufaron a 60 traballadores, conclúe unha instrución xudicial
A titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número dous do Carballiño concluíu que existen "indicios" de prevaricación continuada por parte do que fose alcalde entre 1995 e 2005, Manuel 'Pachi' Vázquez, e o seu sucesor no cargo Carlos Montes. O auto non é firme, xa que contra o cabe recurso ante o propio xulgado e ante a Audiencia Provincial de Ourense.
Pachi Vázquez confirma rumbo cara á escisión: "Pódese ser socialista sen militar no PSOE"

Como adiantou Galiciapress, o PSOE vivirá unha escisión en boa parte da provincia de Ourense nas próximas eleccións locais, por agora os 'pachistas' aspiran a lanzar candidaturas en 23 concellos

Posible escisión no PSdeG: Pachi Vázquez e os seus partidarios presentaranse ás eleccións

Como prognosticó Galiciapress no seu día, Pachi Vázquez deixa o PSOE pero non a política. Molestos polas "purgas" nas listas das eleccións, un grupo de socialistas prevé presentarse con outra marca en 23 concellos.

Cidadáns Galicia desvincúlase dunha posible candidatura de Pachi Vázquez en Ourense

Non é o primeiro notable da vida pública galega ao que a rumorología sitúa como candidato laranxa para as locais. Gloria Lago (Galicia Bilingüe, Vigo) ou Paco Vázquez (PSdeG, A Coruña) foron outros.

​Formoso gaña as primarias na Coruña e Pachi Vázquez cae na primeira volta de Ourense

O presidente da Deputación da Coruña sacou case 40 puntos de vantaxe a Mercedes Rosón. En Ourense haberá segunda volta.

Pachi Vázquez non renuncia ás primarias de Ourense a pesar da acusación da Fiscalía


Reprocha ao Ministerio Público non mover “un papel en tres anos” en relación ao caso de prevaricación polo que é investigado


Pachi Vázquez culpa á xestora da situación "catatónica" do PSdeG

Nun artigo de opinión remitido aos medios, asegura que o PSdeG atravesa o seu período "máis difícil" desde que se instaurou a democracia.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE