Hoxe, un ano despois do camelo electoral que se montou nesta data, e os paus repartidos pola Garda civil -Divos perdoe ao Ministro Zoilo polo mal que o fixo metendo á Benemérita nunha encerrona imperdoable- temos unha Catalunya moito peor que antes.
O President da Generalitat de Catalunya celebra o aniversario dos sucesos do 1-O animando aos CDR, que son o brazo armado do independentismo, a que presionen nas rúas e nos negocios dos seus concidadáns.