Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG, terá a oportunidade de enfrontarse cara a cara con Alberto Núñez Feijóo no Parlamento de Galicia e dar así o pistoletazo de saída para as eleccións autonómicas que se celebrarán o próximo ano. Os socialistas esperan manter a tendencia reflectida nas dous últimos comicios para chegar ao poder en Galicia e evitar un cuarto mandato popular na comunidade.
Apostará o PSdeG por un cambio de fronte na Deputación de Lugo? Serán capaces os socialistas de demostrar que son capaces de formar alianzas amplas, desaloxando ao "caciquismo" de Baltar? Non son poucas nin valadís as decisións que debe tomar o líder socialista galego para probar que é un candidato con opcións reais de devolver á esquerda ao Goberno de Galicia. Gonzalo Caballero aborda nesta entrevista estes puntos e outros como a súa entrada no Parlamento e a estratexia de pactos.
Tras confirmarse que o PP perde a maioría absoluta na Deputación de Ourense, e que Democracia Ourensá veta a Manuel Baltar, ao baltarismo só lle queda a táboa de salvación laranxa. O líder do PSdeG advirte a Cidadáns que a súa credibilidade está en xogo.
O xiro ao centro escenificado o sábado por Casado en Galicia non é crible, sinala Gonzalo Caballero. O líder socialista alerta que os conservadores pactarán coa ultradereita se a necesitan para conquistar o poder, como sucedeu en Andalucía e como querían facer no Estado ata o seu desastre do #28A.
Manterá Feijóo o seu compromiso cos galegos de esgotar a lexislatura? O magnitude da desfeita do PP en España é de tal calibre, que esta mesma noite empezarán a moverlle a cadeira a Pablo Casado. Na mentes de todos estará Feijóo como substituto, para corrixir o rumbo dun PP escorado á extrema dereita, rumbo que se demostrou un absoluto fracaso electoral.
Todo parece indicar que Abel Losada deixará o seu escano no Parlamento de Galicia para deixarlle sitio ao líder autonómico, Gonzalo Caballero, pasando, se as enquisas cúmprense, a ser edil en Vigo
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, anunciou este sábado que pasará a formar parte do Parlamento de Galicia despois das eleccións municipais do 26 de maio.
Nesta entrevista con Galiciapress, a Bugallo non lle treme a voz para cualificar de “impresentable” a falta de compromiso do Goberno de Pedro Sánchez coa depuradora. O ex-alcalde de Santiago e de novo candidato deixa claro que o seu primeiro compromiso é coa cidade e explícanos cómo iso levoulle a saír do seu retiro. Ao PP de Santiago acúsao de ser protagonista de intres escatolóxicos -incluído un convenio para a depuradora oculto no caixón- e a Compostela Aberta de pasotismo. O Xacobeo, os pisos turísticos, a seguridade, o modelo de zona vella e as relacións con Gonzalo Caballero son outros temas desta conversa.
As palabras de Beatriz González, cuestionando que o SERGAS gaste diñeiro en enfermos de cancro con pouca esperanza de vida, pasaron inicialmente case desapercibidas. Unha vez que Galiciapress destacou a intervención desta catedrática na Comisión de Investigación sobre Recortes do Parlamento, desatouse unha tormenta de acusacións cruzadas.
O secretario xeral do PSdeG reivindica a necesidade de "avances" en Galicia fronte á "estabilidade agónica" que representa o goberno de Feijóo e insiste na necesidade de pechar un pacto autonómico.
O portavoz municipal José Manuel García e a candidata Inés Rey veranse as caras nunha segunda volta por ser o candidato socialista nas eleccións municipais da Coruña. Doutra banda, as candidaturas do PSdeG en Ferrol e Ourense xa son oficiais, do mesmo xeito que en Narón, Marín e Redondela.
O secretario xeral do PSdeG se comromete a "abrir un novo ciclo en Galicia" para as eleccións de 2020.