O PSOE chama a aproveitar un "triunfo histórico" para botar a un Feijóo ao que moitos xa ven en Madrid como substituto de Casado
Manterá Feijóo o seu compromiso cos galegos de esgotar a lexislatura? O magnitude da desfeita do PP en España é de tal calibre, que esta mesma noite empezarán a moverlle a cadeira a Pablo Casado. Na mentes de todos estará Feijóo como substituto, para corrixir o rumbo dun PP escorado á extrema dereita, rumbo que se demostrou un absoluto fracaso electoral.
Ao final, o CIS, tan criticado, tiña razón, polo menos en Galicia. Cando o instituto público prognosticou que os socialistas galegos superarían ao ata hoxe todopoderoso PPdeG poucos creron a Tezanos. Algúns, mesmo, como Alberto Nuñez Feijóo, tentárono ridiculizar.
Pilar Cancela, número 1 pola Coruña, celebra o triunfo socialista
"O CIS era un instituto serio e independente e un instituto do que a xente se fiaba. Agora vemos as enquisas do CIS simplemente para facer faladoiros, e isto preocúpame desde o punto de vista do respecto ás institucións", ría o presidente de la Xunta hai só dous meses.
CABALLERO FALA DE CAMBIO DE FASE
Hoxe, 28 de Abril, estamos ante un "triunfo histórico" do PSdeG. Así xa o definiu Gonzalo Caballero. O líder socialista galego non perdeu un minuto para tentar surfear a onda do triunfo de Pedro Sánchez.
Deste xeito, valorou que estamos ante un "novo ciclo" que debe ser aproveitado para "cambiar de fase política en Galicia". "O PP e Alberto Nuñez Feijóo deben entender que a maioría dos galegos díxolle non aos gobernos de dereitas", insistiu o secretario xeral do PSdeG.
O político vigués frégase as mans vendo como "o PP sofre o maior retroceso da súa historia na democracia galega". Diante, un PSOE que gaña en votos e en deputados. Caballero ten razón ao definilo como "un escenario político inédito".
IRASE FEIJÓO A MADRID COMO SUBSTITUCIÓN DE CASADO?
Outra cousa é que eses resultados sexan directamente trasladables a unhas eleccións autonómicas. E é que aínda que o PPdeG de Feijóo retrocede, faio moitísimo menos que o PP de Pablo Casado.
Aí pode estar a clave a medio prazo do futuro político en Galicia. Manterá Feijóo o seu compromiso cos galegos de esgotar a lexislatura? O magnitude da desfeita do PP en España é de tal calibre, que esta mesma noite empezarán a moverlle a cadeira a Pablo Casado. Na mentes de todos estará Feijóo como substituto, para corrixir o rumbo dun PP escorado á extrema dereita, rumbo que se demostrou un absoluto fracaso electoral.
RESULTADOS CASE DEFINITIVOS
En todo caso, a imaxe de Feijóo tamén sofre. E é que co 85,6% dos votos escrutados nas catro provincias galegas, o PSdeG arrebata ao PP a condición de forza máis votada en Galicia, ao obter dez deputados (catro máis que en 2016), fronte ás nove actas que logran os populares, que perden tres.
Pola súa banda, En Común-Unidas Podemos, opción apoiada por Podemos e Esquerda Unida (a federación galega de EU), así como por Equo, retén dous deputados. En Marea, que nesta ocasión presentouse en solitario, non consegue praza no Congreso, fronte aos cinco deputados que lograran estas forzas cando concorreron de forma conxunta nos comicios de 2016.
Os outros dous deputados que se elixen por Galicia adxudícallos Cidadáns, que en 2016 non conseguira representación, aínda que si lograra unha acta nas eleccións de decembro de 2015. Con estes resultados, o BNG non volvería ao Congreso, onde perdeu a súa representación en decembro de 2015, a pesar de case duplicar votos.
Escribe o teu comentario