Galiciapress continúa coa súa serie de entrevistas aos candidatos á alcaldía da Coruña co candidato polo BNG, Francisco Jorquera. Algúns dos temas de esta conversa son os orzamentos municipais, as potencialidades da Coruña para converterse nunha cidade "de vangarda" ou a mobilidade urbana
Galiciapress entrevista a Francisco Jorquera (1961), que agora asume o reto de pelexar pola alcaldía da Coruña tras pasar polo Senado, o Congreso dos Deputados e o Parlamento de Galicia. O outrora portavoz nacionalista destaca, entre outros puntos, a tendencia ascendente do BNG na cidade herculina, dá a súa palabra de loitar pola devolución da Casa Cornide e debulla o proxecto ‘Distrito do Mar’.