A loita contra a recesión económica converteuse na principal prioridade do Pazo de Raxoi. Para axudar aos pais e nais traballadoras a conciliar mentres as escolas están de vacacións ofrécense 55 prazas en campamentos, cuxa solicitude empeza este martes.
A capital de Galicia logrou reducir a un terzo o nivel de contaxio que provocou o peche hostaleiro e o confinamento perimetral. Con todo, quedan 180 casos activos, fronte ao máximo de 470 que houbo. Bugallo advirte que non está seguro que se poidan celebrar todos os actos de campaña de Nadal, pero defende a necesidade de celebrala e non só por motivos económicos.
O edil de Santiago apunta a que o repunte do turismo en Santiago será gradual a partir da primavera, segundo declarou na firma dun convenio para a compra de tres vehículos para Protección Civil.
Alfredo García e Xoán Vázquez Mao, presidente e secretario xeral do Eixo Atlántico respectivamente, o alcalde de Santiago de Compostela Sánchez Bugallo e o presidente do CES, Agustín Hernández, presentaron o informe que plasma a "desigualdade" tanto económica como política existente entre "o Mediterráneo e o Atlántico".
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, confirmou este mércores que o goberno local iniciará o venres a "rolda de consultas" cos grupos en relación aos orzamentos municipais deste ano, unha cuestión na que os representantes da oposición criticaron o "atraso" nos prazos e que, concluída a primeira semana do ano, aínda non se coñeza o borrador.