ambulancias

"Boa vontade" pero sen acordo na última reunión das ambulancias

A pesar da boa disposición das partes, patronal e sindicatos emprazáronse a un novo encontro o próximo 1 de abril.

Fin á folga de ambulancias por agora

Os traballadores aproban o preacordo por gran maioría, pero os seus representantes advirten á patronal que están listos para volver ás mobilizacións se hai algún bloqueo ao acordado. En todo caso, non haberá folga indefinida a partir de hoxe.

Posible solución á folga de ambulancias

Despues de anos de protestas, varias semanas de folga, ducias de vehículos saboteados e polo menos dúas ambulancias queimadas; parece que hai un principio de acordo entre a patronal e os tres principais sindicatos, xusto cando estaba a piques de empezar a folga indefinida.

Feijóo asegura que o futuro contrato para o sector das ambulancias “sairá cun tipo superior”

Respondendo a preguntas de Galiciapress, o mandatario galego explicou que o novo contrato contará cun “incremento na oferta que fará o SERGAS”. Ademais, condenou os actos vandálicos da folga: “Avergóñannos como país; Galicia non é así”.

CESM condena as sabotaxes ás ambulancias por “prexudicar aos pacientes”

A Confederación Española de Sindicatos Médicos respecta “o dereito aos traballadores para manifestarse” pero recalca a súa “rotunda condena” aos actos vandálicos.

Queiman unha ambulancia e explotan bombonas de osíxeno (vídeo)

Os veciños da Cañiza viron sobresaltado o seu soño esta madrugada por varias explosións. Procedían presuntamente das bombonas de osíxeno que había dentro dunha ambulancia ardendo.

As sabotaxes ás ambulancias se recrudecen e a patronal di vivir "un pesadelo"

Os empresarios piden á Xunta “mecanismos” que poidan “garantir o servizo” a falta de 12 días para que se cumpran os prazos antes de iniciar a folga indefinida.

Rompen as negociacións para poñer fin á folga de ambulancias

As sabotaxes de vehículos continúan despois da última reunión, pois a pesar dos avances ao final paráronse as negociacións

Os traballadores de ambulancias encérranse nos hospitais e oficinas do Sergas

Aínda que o conflito enfronta directamente aos traballadores -cuxos sindicatos CIG, UXT e Comisións están unidos nas protestas- coa patronal galega, o Goberno quen ten a pelota no seu tellado.E é que a raíz do conflito está nos recortes.

"Seguimento total" da folga do transporte sanitario 21 ambulancias picadas en dous días
A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 informou de que un total de 21 ambulancias asistenciais de soporte vital básico sufriron picadas entre as 12,00 horas do martes e as 12,00 horas deste mércores con motivo das protestas dos traballadores para reclamar un novo convenio colectivo.
Os sindicatos rexeitan a proposta da patronal de ambulancias e segue a folga e as sabotaxes
Empregados do servizo concéntranse en Santiago para pedir a dimisión de Feijóo e Almuiña mentres a CIG ve "avances" na negociación
Máis avances, pero non solución, na folga de ambulancias
A patronal suma á súa oferta dun aumento salarial unha paga lineal de 150 euros de 2020 a 2022 e os sindicatos piden medidas máis inmediatas
Arde outra ambulancia no medio dun conflito laboral que pode recrudecerse máis


Se necesita unha ambulancia e tarda en chegar, ou chega só cun condutor, non debería ser culpa da folga; pois hai servizos mínimos do 100%. Con todo, o continúo sabotaxe de vehículos -con este xa van dous queimados e centos coas rodas picadas-pode terminar por notarse na calidade do servizo.

A folga de ambulancias continuará ao non haber avances
A folga de traballadores do sector das ambulancias en Galicia mantén este domingo o seu último día do segundo tramo de paros no que o persoal se atopa "máis unido e forte que nunca", pero non ven próximo o acordo coa patronal.
Traballadores e empresarios unidos en pedirlle á Xunta máis diñeiro para as ambulancias
As centrais lamentan que a Consellería apunte que o concurso do transporte urxente sairá "ben orzado" pero non o cuantifique
Os traballadores das ambulancias mobilízanse en Santiago por un "convenio xusto"

Lembran á Consellería de Sanidade na marcha polas rúas compostelás que "é a responsable das concesións" e pídenlle que "se molle" e "meta máis carne no asador".

Máis de 7.000 euros de gasto para cambiar as rodas picadas das ambulancias

A patronal estima que cada roda ten un custo de 120 euros, polo que os danos ata o momento son superiores aos 7.000 euros só nas rodas, sen contar outros danos como as pintadas. 

Mediación no conflito da folga de ambulancias
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) asegurou este venres que traballa para "mellorar" o concurso do transporte sanitario en Galicia e instou aos empresarios do sector e aos sindicatos --que foron citado a un acto de mediación o luns 18-- a que alcancen acordos sobre o convenio.
Traballadores das ambulancias marcharán o 20 de febreiro por un novo convenio

Así o anunciaron os sindicatos convocantes da folga no marco do segundo tramo de folga que iniciarán o 18 para demandar melloras laborais e salariais, ante unha patronal "pirata" e unha Xunta de Galicia que de forma "ilóxica e demencial non está a solucionar nada"

“Non nos poden levar a casa pola folga de ambulancias”

Unha veciña de Ourense e o seu marido, que levaba 24 días ingresado, non poden regresar ao domicilio familiar porque non hai ambulancias dispoñibles para trasladalos.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE