Detido un home de 42 anos por masturbarse en Samil ante nenos e bañistas
O investigado, A. D., de 42 anos, foi detido pola Policía Local da cidade olívica por un delito de exhibicionismo.
Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 42 anos de idade, A.D., como presunto autor dun delito de exhibicionismo, por facer tocamentos e masturbarse diante dos bañistas, incluídos menores de idade, na praia de Samil.
Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado venres pola tarde, cando a Policía foi requirida por varias testemuñas que alertaban da presenza dun home na praia, que se estaba facendo tocamentos e que chegara a baixar o bañador para masturbarse diante dos bañistas.
Os axentes identificaron ao sospeitoso, que negou os feitos, pero varias testemuñas corroboraron a denuncia e varias familias confirmaron que o viron, incluídas as súas fillas de 7,8 e 13 anos de idade. Por estes feitos, procedeuse á detención do individuo.
Escribe o teu comentario