Dúas persoas necesitan asistencia tras un accidente con catro vehículos implicados na AP-9
Os feitos tiveron lugar en Redondela, cando un vehículo que circulaba en sentido contrario provocou a colisión
Dúas persoas tiveron que ser atendidas polos servizos sanitarios tras unha colisión múltiple entre catro vehículos implicados na autovía AP-9, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Redondela. Concretamente, o sinistro produciuse no quilómetro 151.
Segundo trasladou o 112 Galicia, un particular alertou á central de emerxencias ás 6:30 horas da mañá deas este domingo. Nesta comunicación, alertábase de que un dos vehículos circulaba en sentido contrario. "Ante a potencial gravidade da situación", o 112 solicitou a colaboración dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Vigo e do Porriño, ademais do GES de Mos, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Redondela e os servizos de mantemento de estradas.
Xa no lugar, os medios de emerxencias comprobaron que as persoas implicadas no accidente atopábanse liberadas e accesibles, polo que os bombeiros non tiveron que empregar material de excarceración.
Pola súa banda, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 afirmou que prestaran asistencia a catro persoas a consecuencia deste accidente. Dous delas foron valoradas no lugar e non requiriron ser trasladadas, xa que presentaban lesións leves.
POSITIVO EN ALCOL
Posteriorme, o conduto que circulaba en sentido contrario deu positivo nun test de alcoholemia e indiciario nun de drogas, segundo puideron confirmar fontes da Garda Civil.
Escribe o teu comentario