Avoar encherá Rianxo de esculturas efémeras para concienciar sobre a violencia machista nas rúas

O segundo obradoiro participativo da Asociación Avoar en colaboración co Concello de Rianxo terá lugar o sábado 11 de febreiro ás 11:30 horas na Biblioteca Pública Municipal Castelao.

 


|

O segundo obradoiro participativo da Asociación Avoar en colaboración co Concello de Rianxo terá lugar o sábado 11 de febreiro ás 11:30 horas na Biblioteca Pública Municipal Castelao.

 

Os artesáns de ‘Pedras de Papel. Artesanía e patrimonio’ colaborarán nesta iniciativa co deseño das esculturas efémeras que se colocarán nas rúas rianxeiras nas próximas semanas. 

 

Violencia machista
Imaxe de arquivo | Foto: EP

 

Despois das experiencias positivas dos últimos anos e tras unha pandemia que agudizou o drama da violencia machista, o Concello de Rianxo selou a continuidade do proxecto ‘Pingas de luz’ en colaboración coa Asociación Avoar.
 

O proxecto preséntase como unha ferramenta fundamental para erradicar un drama social como é a violencia de xénero que sofren a diario miles de mulleres no país e que ten a Baiona como localidade protagonista do último e triste episodio de violencia, despois de que a exparella de Beatriz, un profesor de instituto, acabase coa vida da muller de 47 anos e nai de dous fillos, que presenciaron os feitos. 

 

Ante este panorama, desde Avoar propoñen un obradoiro no que pretenden dar presenza nas rúas das moitas historias de violencia, plasmadas nun mapa dixital de Rianxo. A intención é visibilizar que a violencia machista está moito máis preto do que creemos e fomentar así a concienciación da mesma, para promover o apoio mutuo entre as vítimas

 

Mapa
Mapa dixital de Avoar

 

A asociación convida a todos os veciños a acudir ao obradoiro participativo “no que se compartirán ideas sobre como levar á rúa este proxecto, deseñando unhas esculturas efémeras para as rúas da vila, así como tomar decisións e accións sobre como visibilizar e sensibilizar sobre este tipo de violencias no espazo público que compartimos”. 

 

COLOCACIÓN DAS ESCULTURAS

Durante o evento, que arrinca o 11 de febreiro ás 11:30 na Biblioteca Pública Municipal Castelao, contarase tamén coa participación dos artesáns de ‘Pedras de Papel. Artesanía e patrimonio’ para o deseño das esculturas. Desde a organización instan aos interesados a escribir ao correo avoar@inventati.org para se inscribir no obradoiro.


 

Con todo, desde Avoar sinalan que o proxecto non se deterá aquí e que continuará ao longo do mes de marzo, cando se instalarán as esculturas e pezas de cerámica nos puntos recolleitos no mapa, así como a celebración doutros obradoiros formativos. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE