"Neste sumidoiro empeza o mar": Viaqua e o Concello de Santiago conciencian sobre o uso responsable da rede de sumidoiros

Unha campaña de Viaqua e o Concello compostelán, na que participan a Asociación Hostalaría Compostela, Compostela Monumental e o Proxecto EM-REDE, busca cambiar a relación da cidadanía coa rede de sumidoiros da cidade.

 


|

Unha campaña de Viaqua e o Concello compostelán, na que participan a Asociación Hostalaría Compostela, Compostela Monumental e o Proxecto EM-REDE, busca cambiar a relación da cidadanía coa rede de sumidoiros da cidade.

 

O uso responsable da auga e non utilizar as 14.000 sumidoiros da capital galega como papeleira son algúns dos xestos que a campaña busca trasladar á poboación. 

 

1671014456WhatsApp Image 2022 12 14 at 11.39.53
Foto: Concello de Santiago

 

Son días de moita choiva en Compostela. Unha cortina de choiva cobre a capital galega desde principios de semana. A auga é un recurso escaso e despois dun período de seca como o que vivimos este 2022 as choivas son moi benvidas en toda a cidade. A choiva cae, encharca o solo e termina nos sumidoiros, onde debería haber auga de choiva, e nada máis. Ese é o obxectivo que perseguen Viaqua e o Concello de Santiago, que veñen de presentar unha compaña para concicenciar aos santiagueses da importancia de realizar un consumir responsable e sobre o impacto que os residuos que botamos á rede de sumidoiros teñen nas nosas vidas. 

 

No proxecto colaboran tamén outras organizacións como a Asociación Hostalaría Compostela, Compostela Monumental e o Proxecto EM-REDE. Desde Viaqua, encargada da xestión do ciclo da auga en Santiago, pon o acento nos prexuízos que os residuos, mal tratados, ocasionan para toda a cidadanía. 

 

Neste sentido, advirte á poboación de que é fundamental facer un exercicio de concienciación para evitar problemas ambientais e gastos económicos importantes para reverter os atascos que provocan os malos usos do sistema de redes de sumidoiros e desaugadoiros. Desde cabichas até latas, toallitas humedas ou mesmo a auga utilizada para fregar son algúns dos desperdicios que chegan á rede de sumidoiros e, consecuentemente en moitas ocasións, aos ríos e mares, chegando mesmo a introducir na nosa cadea alimentaria. 

 

PRIMEIRA XANELA Ao MAR

“Nos sumidoiros só auga de choiva. Ese é a mensaxe que pretendemos transmitir para concienciar sobre estes problemas que causan a vertida de residuos”, explica Mila Castro, oncelleira de Políticas Sociais, Saúde, Medio Ambiente, Parques e Xardíns.

 

1671022447AAFF Sumidoiros CartelCampana

 

Viaqua, pola súa banda, pon o foco nas “14.000 sumidoiros” e nos “máis de 200 atascos” aos que a compañía ten que dar solución. “Temos que sensibilizar á poboación de que os sumidoiros non son unha papeleira, que o que tiramos chega aos ríos”, reitera Ana Tejeiro, xerente de Viaqua en Santiago. 

 

As mensaxes da campaña estarán presentes en tendas ou locais de hostalaría para chegar a todo o público. Thor Rodríguez, presidente da Asociación Hostalaría Compostela, manifestou a “importancia” de que o seu sector participe na iniciativa “para reducir o impacto que egeneramos e deixar atrás certas prácticas”.  


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE