USO denunciou “hai semanas” a focha que obrigou a paralizar hora e media a actividade no aeroporto de Lavacolla

Xornada atarefada e chea de incidentes na terminal compostelá, que hoxe viviu un día de atrasos, desvíos e cancelacións nos seus voos. O correcto funcionamento do aeroporto viuse interrompido por unha fochanca na pista que, segundo afirman desde USO-AENA, fora denunciado hai semanas. Lavacolla 30 de xuño, a piques de empezar a operación saída, e o aeroporto de Santiago de Compostela estivo parado durante máis dunha hora, provocando atrasos nas saídas e o desvío de polo menos tres voos.


|

Xornada atarefada e chea de incidentes na terminal compostelá, que hoxe viviu un día de atrasos, desvíos e cancelacións nos seus voos.

 

O correcto funcionamento do aeroporto viuse interrompido por unha fochanca na pista que, segundo afirman desde USO-AENA, fora denunciado hai semanas.

 

Lavacolla
Lavacolla

 

30 de xuño, a piques de empezar a operación saída, e o aeroporto de Santiago de Compostela estivo parado durante máis dunha hora, provocando atrasos nas saídas e o desvío de polo menos tres voos. Todo nunha xornada marcada pola folga de Ryanair, que provocou a cancelación de dous voos: unha chegada de Madrid e unha saída destino Palma de Mallorca. O motivo do incidente que obrigou a paralizar a actividade na pista foi unha fochanca de grandes dimensións que desde a sección sindical USO-AENA denuncian que puxeron en coñecemento da dirección “hai semanas”.

 

FALTA DE PERSOAL

O colectivo critica que este peche non planificado podería evitarse se o aeroporto compostelán contase con persoal suficiente para unha correcta conservación da pista. 

 

“A falta dun informe oficial, USO-AENA entende que o sucedido puido deberse a unha deterioración do pavimento da pista de aterraxe-despegue”, sinala o sindicato. Ao tempo, lembran que é recomendable cambiar o pavimento das pistas cada década, pero a última vez que se fixo no Rosalía de Castro “foi en 2008”. “Superou a vida útil do pavimento con fartura”, argumentan. 

 

"NON SE PODE REALIZAR UNHA CONSERVACIÓN EXHAUSTIVA DAS INSTALACIÓNS"

“Desde a sección sindical de USO-AENA no Aeroporto de Santiago-Rosalía de Castro denunciouse en múltiples ocasións que a falta de persoal na área de mantemento do aeroporto provoca que non se poida realizar unha conservación exhaustiva das instalacións e unha análise e seguimento das necesidades que unha instalación tan complexa como un aeroporto require”, incide o sindicato na súa nota. 

 

De igual maneira, reiteran que “a ausencia dunha Sección de Obra Civil desde 2013” así como “a non cobertura de baixas”, é a responsable de que “non se poida cumprir cos plans e esixencias de mantemento estipulados por AESA”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE